Alá se nos foi o 25 de abril sen saber se os caraveis vermellos están murchos ou non. Haberá opinións, como en todo. Poren o caso é que, entre eles e nós, entre os portugueses e nós, obsérvanse notorias diferencias. Según di un meu amigo, todas as diferencias parten, xa que todas elas teñen a súa orixe, do feito de teren padecido eles, os portugueses a ditadura dun profesor universitario mentres que nós tivemos a dun xeneral africanista. É de supor que, entre os meus lectores, haxa opinións encontradas a tal respecto. Pero o que se di non é unha opinión, senón un dato.

Cada vez que se trata da efeméride que naceu cunha canción adornada cos caraveis que asomaban polos canons dos fusís, alí onde está o punto de mira, acórdome do que se conta que seica lle aconteceu a Otelo Saraiva de Carvalho. Otelo foi o militar que decidiu que habería ser “Grandola Vila Morena”, cantada por Jose Afonso, o que indicase a través das emisoras de radio o comezo dun tempo novo pró pobo portugués. E que foi o que logo lle aconteceu? Resúmollo de contado.

Disque -eu non estaba alí por tanto falo non de oídas, pero si de lidas- que Otelo foi visitar a Olof Palme, o primeiro ministro de Suecia que habería ser asasinado, ó saír dun cine logo de ir ver unha película na compaña da súa muller; pois ben, non moito antes de tamaña traxedia, porque realmente o foi, sucedeu o diálogo entre Saraiva de Carvalho e máis Palme resumible nunhas poucas frases.

Palme preguntoulle ó militar portugués polo plan de goberno do executivo luso. Respondeulle Otelo que o que se propuñan era acabar cos ricos. Palme quedou pensativo e seica respondeu que tiña graza porque o que eles pretendían era acabar coa pobreza. Esas dúas e confrontadas intencións levan estragado bastante a convivencia todo ó longo da Historia.

Reflexionarían seriamente, as nosas dúas grandes formacións políticas, acerca dos seus respectivos propósitos de endereitar ós seus esforzos cara unha realidade na que caibamos todos? Pregúntoo porque non llo teño nada claro; menos aínda se contemplo a política portuguesa destes días, tan cercana e tan lonxe.

E mentres iso está sendo así, nós, andamos a emular a xudicialización da vida política ó xeito desa gran nación de estados que son os EEUU de Norteamérica; neles, un candidato a presidilos, alterna as súas visitas electorais coas que fai ós xulgados do seu país cando, malia o feito de que xudicializar a vida política ten os seus perigos. Tal apreciación, feita non só nos días de hoxe senón nos dos primeiros anos democráticos, aprendina cando se falaba do ruído de sables; entón, eu, que non as tiña todas comigo (algúns estariamos nas listas do 23F) chamaba ó finado Pierre Guidoni, amigo e daquela embaixador en Madrid da República Francesa, preguntándolle se o tal ruído era real ou imaxinado. Tranquilizábame sempre, pero facéndoo dun xeito que me intranquiliza agora. Como? Pois respondéndome que o perigo da democracia española non o constituían os seus exércitos senón os seus xuíces. Pra min teño que non lle faltaba razón, pero daquela os partidos estaban a se construír e, agora, diríase que todos eles afánanse no mesmo empeño recorrendo ós xuíces con máis frecuencia e empeño dos convenientes e desexables. E así andamos como andamos.

QOSHE - Sobran visitas aos xulgados - Alfredo Conde
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Sobran visitas aos xulgados

59 1
08.05.2024

Alá se nos foi o 25 de abril sen saber se os caraveis vermellos están murchos ou non. Haberá opinións, como en todo. Poren o caso é que, entre eles e nós, entre os portugueses e nós, obsérvanse notorias diferencias. Según di un meu amigo, todas as diferencias parten, xa que todas elas teñen a súa orixe, do feito de teren padecido eles, os portugueses a ditadura dun profesor universitario mentres que nós tivemos a dun xeneral africanista. É de supor que, entre os meus lectores, haxa opinións encontradas a tal respecto. Pero o que se di non é unha opinión, senón un dato.

Cada vez que se trata da efeméride que naceu cunha canción adornada cos caraveis que asomaban polos canons dos fusís, alí onde está o punto de mira, acórdome do que se conta que seica lle aconteceu a Otelo Saraiva de Carvalho. Otelo foi o........

© La Región


Get it on Google Play