O home que nunca ri, o chamado cara de pau, é dicir, Buster Keaton, acadou un dos personaxes máis significativos do cine. A frialdade, inexpresivas caracterizacións, o aparente distanciamento ante os acontecementos, demostra unha intelixente utilización do elemento icónico. Para o seu personaxe todo é lóxico, o ben e o mal, os bos momentos e as adversidades da vida, a felicidade e a tristeza. Obstinado fronte ó poder do mundo que pretende destruílo e ignoralo, intenta e consegue á forza de vontade, todo aquilo que se propón. Non lle importa o tempo que poida tardar en logralo, a todo lle chega a súa hora, a aventura tarde ou cedo ten a súa fin. As súas películas son, entón, obras perfectamente acabadas, as súas imaxes demostran unha coidada composición, unha marabillosa formación. Os seus gags conservan a frescura da tradición cinematográfica na mesma medida que rompe con determinados esquemas que provocan a sorpresa desexada do espectador.

No filme “O camarógrafo” (1928), realizada por Edward Sedgwick, a historia configúrase en torno ó esquema base, reiterativo na obra de Buster Keaton: o triángulo composto por el, a moza e o rival. El é un inexperto camarógrafo ó que todo lle sae mal. A moza é a paciente secretaria que comprende a situación del e, por elo, trata de axudarlle ofrecéndolle traballos que en realidade deberían facer outros máis expertos. O rival é sempre o galán da película: sedutor, crido, non moi intelixente pero atractivo, que logra acadar aquilo que desexa, sempre disposto a estar por enriba de todos, aínda que nos momentos de maior perigo recúa ante a evidencia. O rival supera ó artistiña, a Keaton, en todas as facetas da vida, mais nada detén a perseveranza, a tenacidade deste, que logra superar con maior ou menor acerto os diversos atrancos que se levantan na súa vida.

Novamente o trazo, o xesto, a interpretación domina a historia. O espazo conforma un novo personaxe que demostra ser preguiceiro para comprender ó que o habita. Keaton ante a amplitude do estadio, do período ó que asiste coa intención de realizar unha reportaxe, non se resiste á tentación de interpretar para el mesmo, para as bancadas baleiras, unha das actuacións máis espectaculares da película. “O camarógrafo” non ten a fama de “O maquinista da Xeneral”, pero non ten nada que envexarlle a esta.

QOSHE - Cara de pau - Chito Rivas
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Cara de pau

34 0
10.05.2024

O home que nunca ri, o chamado cara de pau, é dicir, Buster Keaton, acadou un dos personaxes máis significativos do cine. A frialdade, inexpresivas caracterizacións, o aparente distanciamento ante os acontecementos, demostra unha intelixente utilización do elemento icónico. Para o seu personaxe todo é lóxico, o ben e o mal, os bos momentos e as adversidades da vida, a felicidade e a tristeza. Obstinado fronte ó poder do mundo que pretende destruílo e ignoralo, intenta e consegue á forza de vontade, todo aquilo que se propón. Non lle importa o tempo que poida tardar en logralo, a........

© La Región


Get it on Google Play