A chamada música lixeira vai gañando espazos e, segundo os medios, ate se organizará un macro concerto cunha orquestra moi coñecida na Praza do Obradoiro de Compostela. A min xa nada me estraña nos tempos que corren. Vivimos nunha sociedade que soamente valora os espectáculos pola cantidade de masa asistente, e non pola calidade da música e das mensaxes que dende os escenarios se envían; na sociedade do lecer a todo trapo, onde a barreira para distinguir a calidade musical e artística do barullo ornamentado con luces de mil cores, fume artificial e o volume do decibelio festivo engaiola á masa asistente. Poucos políticos resisten. A oferta que trunfa en todos os lugares do planeta e que ten máis éxito é a do divertimento sen máis. Non hai máis obxectivo que a troula pola troula. Se este evento se fai en todo o mundo, como aconteceu no Brasil recentemente co concerto de Madonna, na cidade onde remata o Camiño Xacobeo tamén se ten que facer. Non podía ser menos. Nos tempos da globalización todo se pega, todo se copia e todo pode acontecer. A Praza do Obradoiro estará ateigada de xente, os decibelios rebotarán contras pedras e imaxes esculpidas hai moitos anos con moito cariño. Imaxes que presiden este senlleiro lugar. E todo farase para uso e desfrute de milleiros de persoas ávidas de festa rachada.

Hai uns días asistín a un concerto de música coral en Ourense. Foi na igrexa de Santa Eufemia. O grupo chamábase Misturas Musicais. O certo é que foi un concerto extraordinario. Nel as voces moi ben afinadas sacaron á luz polifonías e harmonías moi interesantes. Pezas de autores de todo o mundo fixeron as delicias dos asistentes. Foron obras complexas, músicas que nos levan a descubrir universos suxestivos que foxen lonxe do barullo e de todo o chocalleiro que circula na musica comercial que soamente incita ó consumo.

E despois de escoitar o concerto, concluín que, nos tempos que corren, nesta cidade das Burgas somos uns pioneiros facendo o que farán en Santiago. Divertir á parroquia xeralmente, á mocidade, pagándolle cos cartos públicos festas masificadas para que non pensen nada máis que no divertimento e se esquezan de todos os problemas e demais asuntos. Mais facelas nun recinto cunha forte inspiración de grandeza espiritual, de grandeza creativa e de proxección mundial, unha pregunta veume á memoria. A Praza do Obradoiro coa Catedral diante é nun espazo que atrae pola súa beleza, e o que con ela se transmite pode ser o escenario axeitado para músicas que so perseguen o divertimento sen máis? Eu penso que non. Ás veces semella que nesta terra non sabemos valorar as riquezas tanto arquitectónicas e incluso sentimentais e espirituais que temos.

Ben sei que nesa praza xa se levan organizado espectáculos musicais máis pequenos.

Tamén sei que as festas, con certa mesura, deben seguir existindo, pois cumpren un fin social, sobor de todo nos pobos e vilas. Mais supoño que en Compostela haberá outros sitios para facer macroconcertos. Os que mandan supoño que saberán o que fan. E a alcaldesa e o seu equipo saberán que permitindo concertos dese tipo nese lugar tan especial sentan un precedente e ábrenlle portas á continuidade.

En fin, malos tempos para outros tipos de músicas que transmiten valores e que son fonte de inspiración e beleza. Músicas que non pasan e que deixan unha impronta na vida dos humanos. Como dixo un compañeiro de andaina musical: malos tempos para a lírica. O que hoxe manda é a “música klinex”, ou sexa, a de usar e tirar pero que seica da moitos cartos e anima a consumir de todo. A outra, din que é aburrida e so para entendidos, cando non debera ser así.

QOSHE - No Obradoiro? - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

No Obradoiro?

34 8
08.05.2024

A chamada música lixeira vai gañando espazos e, segundo os medios, ate se organizará un macro concerto cunha orquestra moi coñecida na Praza do Obradoiro de Compostela. A min xa nada me estraña nos tempos que corren. Vivimos nunha sociedade que soamente valora os espectáculos pola cantidade de masa asistente, e non pola calidade da música e das mensaxes que dende os escenarios se envían; na sociedade do lecer a todo trapo, onde a barreira para distinguir a calidade musical e artística do barullo ornamentado con luces de mil cores, fume artificial e o volume do decibelio festivo engaiola á masa asistente. Poucos políticos resisten. A oferta que trunfa en todos os lugares do planeta e que ten máis éxito é a do divertimento sen máis. Non hai máis obxectivo que a troula pola troula. Se este evento se fai en todo o mundo, como aconteceu no Brasil recentemente co concerto de Madonna, na cidade onde remata o........

© La Región


Get it on Google Play