Aproveitando que hoxe é a final do Festival de Eurovisión, da que non quero falar nesta ocasión por estar escribindo isto antes de que se celebre a segunda semifinal, quero quedarme coa ilusión que teñen todos os participantes nos concursos de cancións. E sei do que falo, porque foron moitas as ocasións nas que me vin nesa situación, moitas veces gañando e outras con menos fortuna. Sempre digo que a miña “carreira” artística comezou competindo no Festival da Inmaculada do Seminario Menor de Ourense, onde con once aniños acadei un meritorio segundo posto coa fermosa canción de Aute popularizada por Massiel, “Rosas en el Mar”, que non sei como daquelas logrou pasar a férrea censura do rexime cunha letra que dicía: Voy buscando libertad, no quieren oir, es una necesidad para poder vivir, la libertad, la libertad, derecho de la humanidad, es más fácil encontrar rosas en el mar”.

E comentaba coa xente coa que estiven vendo a primeira semifinal eurovisiva o frustrante que pode ser que o teu País te elixa para representalo musicalmente e quedes ás portas non logrando o pase para a finalísima de hoxe. Quédache cara de leite fervido como lle pasou a algunha delegación que mesmo abandonou a “Green Room” no momento en que quedaron apeados. Eu sempre digo que cando participas neste tipo de eventos tés que ir chorado da casa e tendo moi claro que tanto para xurados como para o “televoto” igual a túa proposta non lles parece das mellores.

Pasar pásase mal, ou ben, según vaia a cousa; eu recordo con moito cariño aquelas emocións que viviamos no Salón de Actos das Carmelitas de Ourense, onde se celebraron durante moitos anos os Festivais da Canción Misioneira, por onde pasabamos case todos os que queriamos mostrarlle ao mundo o noso “talento”. Foron anos nos que o concurso era conducido maxistralmente polo moi querido e recordado locutor de “La Voz del Miño” Horacio Caneiro, mestre de mestres radiofónico, que sabía darlle a suficiente emoción e suspense ao veredicto do xurado como para poñernos ao borde do infarto. Eu procuro imitalo cada tempada na que o meu amigo Gayoso me convoca de xurado nas semifinais e final do concurso “Recantos” de “Luar”, ou como nestas semanas pasadas onde tamén estiven na repesca dalgunha das concursantes xa eliminadas. Eu, a parte de suspense e emoción, tamén quero darlle á proclamación ese punto de glamour que toda entrega de premios debe conlevar. Este ano volverei sentarme ao lado de Manuel de Andrade e Laura Añón para tratar de elexir aos mellores da tempada. Permitídime, con permiso de Andrade a quen xa lle teño dedicado verbas cariñosas desde esta columna, que hoxe lle mande un especial cariño a Laura, excelente cantante e muller emprendedora onde as haxa. Se ten que facer verbena ou agora mesmo formar dúo musical co tamén estupendo cantante Angel Sevilla, pois faino; se hai que conducir un autobús escolar condúcese, e se hai que exercer de xurado con criterios moi profesionais pois exércese. Laura é desas persoas todoterreo que sempre trata de superarse a sí mesma, sexa no mundo do espectáculo ou sexa incursionando no mundo da moda coa súa nova tenda de roupa inaugurada hai un mes en Carballo. Unha muller con moito oficio, que leva desde os 17 anos enriba dos escenarios, sendo de destacar a súa aposta por reflotar no seu momento a excelente Orquestra Finisterre. Seguro que Laura tamén sabe o que é concursar, gañando ou perdendo. De todo se aprende.

QOSHE - Concursantes - Xosé Manuel Piñeiro
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Concursantes

42 0
11.05.2024

Aproveitando que hoxe é a final do Festival de Eurovisión, da que non quero falar nesta ocasión por estar escribindo isto antes de que se celebre a segunda semifinal, quero quedarme coa ilusión que teñen todos os participantes nos concursos de cancións. E sei do que falo, porque foron moitas as ocasións nas que me vin nesa situación, moitas veces gañando e outras con menos fortuna. Sempre digo que a miña “carreira” artística comezou competindo no Festival da Inmaculada do Seminario Menor de Ourense, onde con once aniños acadei un meritorio segundo posto coa fermosa canción de Aute popularizada por Massiel, “Rosas en el Mar”, que non sei como daquelas logrou pasar a férrea censura do rexime cunha letra que dicía: Voy buscando libertad, no quieren oir, es una necesidad para poder vivir, la libertad, la libertad, derecho de la humanidad, es más........

© La Región


Get it on Google Play