SUPOÑO QUE todos os pobos precisan escusarse respecto ao seu pasado no que ten que ver coas ditaduras. Case sempre son as mesmas andrómenas: Nós non sabiamos ren, Foi unha minoría de tolos, Non sabemos como puido ocorrer... En España hai, ademais, unha variedade especial do asunto: a que considera a todos os franquistas, xerarcas incluídos, coma uns verdadeiros inútiles que argallaron un réxime que sobreviviu corenta anos case de milagre e, por suposto, sen o apoio dunha maioría da poboación —xa se sabe, os franquistas nunca existiron e menos dende o día 21 de novembro de 1975—.

Para desmontar estas e outras moitas falacias aparece no mercado español un libro que ameaza con se converter nun dos grandes ensaios do ano, a pesares de que apenas vimos de entrar na primavera: Ni una, ni grande, ni libre. La dictadura franquista de Nicolás Sesma (Editorial Crítica). Sesma pertence —e ousamos dicir que, con esta monografía, acada o liderado— a unha nova e determinante xeración de historiadores: a dos nados en democracia e educados no tramo final da EXB. Fóra de estudar o seu grao en España, desenvolveu a súa actividade científica en diversos países (Italia, Estados Unidos) e rematou por se instalar na cidade francesa de Grenoble, onde é profesor universitario.

A tese principal do autor non é revolucionaria, mais si innovadora para grande parte do público lector de historia en España: o protagonismo do fenómeno da ditadura non pode centrarse exclusivamente en Franco senón que ten que abranguer ao conxunto dos españois, en especial aqueles que deron un soporte continuado ao réxime. Ademais, como unha derivada fundamental, non se pode ver o franquismo como unha manifestación máis do ‘Spain is different’: as singularidades españolas foron escasas, posto que ata 1945 o réxime non foi esencialmente distinto ao doutros da esfera fascista e despois de 1950 tampouco se diferenciou en exceso doutras moitas ditaduras apoiadas por Estados Unidos para ‘deter’ o comunismo —Portugal, Grecia, países hispanoamericanos en distintas fases—.

Porén, a grande fortaleza do libro de Sesma non está na fonda investigación histórica nin no asombroso manexo de fontes, senón na capacidade narrativa do autor. Quizais esteamos ante o primeiro grande libro de Historia Pop na cultura española. Ademais das referencias clásicas circulan polas súas páxinas ‘Paracuellos’, Gillo Pontecorvo ou o narrador do famoso gol de Marcelino que lle deu a España a Eurocopa de 1964 na final contra a Unión Soviética. Sesma ten ademais unha capacidade notábel para a frase limpa, o parágrafo ben composto e a explicación accesíbel a unha grande cantidade de lectores sen sacrificar por iso o rigor académico.

E o antifranquismo? Sesma consegue fuxir de novo de idealizacións e propagandas. Isto resulta especialmente importante respecto á idea que enunciabamos ao principio desta peza: se se asume que os xerifaltes franquistas eran unhas nulidades, a lóxica indica que os seus opoñentes terían que ser aínda máis inútiles no seu —ningunha das dúas proposicións é certa, por suposto—. Desfilan polas súas páxinas aqueles que, con manobras diplomáticas, trataron sen éxito de loitar contra a progresiva aceptación do réxime que seguiu á Segunda Guerra Mundial e tamén os que tentaron derrocar a Franco, nomeadamente os invasores do Val de Arán. O seu problema, nas palabras que encabezan o epílogo da obra, pertencente a unha serie estadounidense como The Wire, que nada ten que ver con Franco ou España, é que "os malfeitores aprenden". E o réxime franquista aprendeu a sobrevivir e mesmo conseguiu que moitos aínda o acepten e defendan arestora.

Javier Nogueira

Gotas de Tinta

QOSHE - España non é diferente - Javier Nogueira
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

España non é diferente

12 0
09.04.2024

SUPOÑO QUE todos os pobos precisan escusarse respecto ao seu pasado no que ten que ver coas ditaduras. Case sempre son as mesmas andrómenas: Nós non sabiamos ren, Foi unha minoría de tolos, Non sabemos como puido ocorrer... En España hai, ademais, unha variedade especial do asunto: a que considera a todos os franquistas, xerarcas incluídos, coma uns verdadeiros inútiles que argallaron un réxime que sobreviviu corenta anos case de milagre e, por suposto, sen o apoio dunha maioría da poboación —xa se sabe, os franquistas nunca existiron e menos dende o día 21 de novembro de 1975—.

Para desmontar estas e outras moitas falacias aparece no mercado español un libro que ameaza con se converter nun dos grandes ensaios do ano, a pesares de que apenas vimos de entrar na primavera: Ni una, ni grande, ni libre. La dictadura franquista de Nicolás Sesma (Editorial Crítica). Sesma pertence —e ousamos dicir que, con esta monografía,........

© Galiciaé


Get it on Google Play