As risas do observador imparcial deberon de escoitarse en Visegrad, lugar de tan afouta declaración, e máis se o riseiro en cuestión tivo a oportunidade de ler Los últimos días del Imperio otomano, obra do profesor estadounidense Ryan Gingeras publicada en España por Galaxia Gutenberg, que analiza a creación da Turquía actual, erguida —por certo— non sobre un xenocidio senón sobre dous: o dos armenios durante a Primeira Guerra Mundial —a afirmación do mesmo é delito naquel país e custoulle cara ao seu máis insigne habitante, o escritor e Premio Nobel Orhan Pamuk— e o dos gregos de Esmirna —representados na historia, por certo, por outro Premio Nobel de Literatura, o poeta Iorgos Seferis—.


O Imperio Otomán e Turquía son dous grandes descoñecidos en España, aínda que os implantes capilares e as telenovelas de sobremesa fixeron moito pola nación moderna. O libro de Gingeras non terá o mesmo impacto, pero rescata do esquecemento un Imperio que se derrubou despois de 1918 a carón dos de Alemaña e Austria-Hungría, que existía dun ou doutro xeito dende o 476 e ao que se coñecía nas diplomacias europeas coma o enfermo de Europa. Aproveitemos esta ocasión para sinalar que enriquecería moito a bibliografía española a tradución da obra mestra sobre os Balcáns e Turquía de Leften Stavrianos.


Dentro das confusións máis habituais cos turcos están a súa raza —non, non son árabes—, a súa lingua —non, non falan árabe— e o seu réxime político —non, non é unha teocracia islámica—. Gingeras aborda precisamente a época na que o goberno teocrático, representado polo sultán, deixou paso a unha excepción dentro da esfera cultural do islam: un réxime político republicano, explicitamente laico e democrático, liderado por un gran heroe, o indiscutíbel protagonista do relato, Mustafa Kemal, coñecido coma Ataturk, Pai dos Turcos.


A obra ten dúas partes ben diferenciadas e protagonizadas por distintas correntes dentro do movemento dos Turcos Novos. A primeira coincide coa decadencia do sultanato, que se estendía ata Albania en Europa, ata Libia en África, ata as terras de Iemen no sur e ata Persia no leste. Foi unha decadencia alimentada por dous sinistros personaxes, Enver Pasha e Talaat Bei. Este segundo tivo o seu intre de gloria histórica cando Hannah Arendt lembrou que o seu asasino, un armenio sobrevivente e exiliado en Berlín, saíu absolto polas autoridades alemás: non se podía condenar a quen fixera xustiza contra un recoñecido xenocida.


A segunda é máis complexa mesmo para o lector especializado, posto que desaparecen case todos os actores externos. A construción de Turquía tal e como a coñecemos retrátase como unha loita entre faccións, gañada por Ataturk grazas á súa personalidade e habilidade táctica e militar, e un proceso de supervivencia fronte á ameaza militar grega e as ambicións petroleiras de Francia e Reino Unido. Pechada en Anatolia, Turquía rematou por se converter dende a península de Anatolia nun actor xeopolítico fundamental ata hoxe mesmo, cando, dende hai tempo, o falabarato do seu presidente tenta por todos os medios de destruír o legado de Ataturk, baseado nunha situación ben estraña na que o exército é forza progresista fronte o fanatismo relixioso de moitos políticos e cregos.

Javier Nogueira

Gotas de Tinta

QOSHE - O enfermo de Europa - Javier Nogueira
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O enfermo de Europa

3 0
29.11.2023

As risas do observador imparcial deberon de escoitarse en Visegrad, lugar de tan afouta declaración, e máis se o riseiro en cuestión tivo a oportunidade de ler Los últimos días del Imperio otomano, obra do profesor estadounidense Ryan Gingeras publicada en España por Galaxia Gutenberg, que analiza a creación da Turquía actual, erguida —por certo— non sobre un xenocidio senón sobre dous: o dos armenios durante a Primeira Guerra Mundial —a afirmación do mesmo é delito naquel país e custoulle cara ao seu máis insigne habitante, o escritor e Premio Nobel Orhan Pamuk— e o dos gregos de Esmirna —representados na historia, por certo, por outro Premio Nobel de Literatura, o poeta Iorgos Seferis—.


O Imperio Otomán e Turquía son dous grandes descoñecidos en España, aínda que os implantes capilares e as telenovelas de sobremesa........

© Galiciaé


Get it on Google Play