Salvador de Madariaga, ese coruñés que moitos coruñeses ignoran e moitos máis españois descoñecen, deixou escrito que era liberal porque o primeiro é a liberdade, socialista porque cría que sempre hai que velar porque as liberades individuais non se exerzan contra o ben común e conservador porque estimaba que sen un mínimo de orde non pode haber nin liberdade nin xustiza. Confeso que a min, ó contemplar o colectivo guirigai intelectual no que nos movemos, venme moito á cabeza á actitude e o compromiso que esas poucas liñas me suxiren.

Mentres eu escribía isto que vostedes estarán hoxe a ler, aínda non se celebraran as eleccións en Euzkadi. Poren, dado a escasa vocación profética que teño, atrevinme (estábao a facer nese momento) a expresar unha opinión que hoxe, 24 de abril, non sei se ha ser sustentable nalgún sentido. Pero que lle imos facer, igual si o ten nalgún día dos moitos que nos esperan á colectividade da que formo parte e a despeito do que eu pensaba respecto dela e máis do que puidera ter sucedido o pasado domingo día 21 cando os cidadáns vascos expresaran o seu sentir nas urnas ás que foron convocados.

Coido que a incorporación ás listas dos colectivos máis enxebres (eles din abertzales) nos que militan os que eles denominan gudaris -e nós non lles dicimos de ningún xeito pois non os temos- é algo que tíñamos que ter saudado con máis contento do que o fixemos. Ese contento reflectiuno a prensa -con moito acerto, según eu penso- cando en Irlanda depuxeron as armas e se incorporaron ó concerto democrático os antano loitadores seica en consecuencia coas crenzas que portaban.

Eiquí non se viron moitas respostas equivalentes no momento de que Bildu fixese o que xa fixera ó IRA. Confeso que a min si me pareceu bo ese seu novo e democrático camiño. Por tanto non se me antollou excesivamente antihixiénico o feito de que o actual presidente do goberno central se apoiase (prá optar á unha presidencia que non decidimos nós, os electores, senón os deputados electos, designados polos partidos para figurar nos primeiros lugares das listas electorais) de xeito que persoas sen sangue nas mans o elevasen á alta maxistratura que hoxe ostenta.

Debemos crer no esquecemento e máis tamén no perdón, pero ó tempo que na firmeza das propias conviccións. Nos escanos parlamentarios non ten moito sentido que haxa xentiñas que mataron a persoas cuxo maior pecado era o de ter unhas ideas distintas das profesadas polos seu matarifes. Negarlle a alguén a posibilidade de entender a unidade, do hoxe chamado Reino de España, de distinto xeito e estruturación que o que, uns e outros profesan, pode dar idea do desnortados que, considerados no seu conxunto, andamos os cidadáns dese reino. A condición de cidadán español non é propiedade exclusiva duns autorizados a negarlla a outros convencidos que están eles de ser os únicos depositarios da verdade; por iso haberá que aplaudir á incorporación ó comportamento democrático daqueles que non o exerceron. Fíxose así no seu momento, logo da morte do ditador, e debemos seguir facéndoo cando os que antes pretendían conseguir a tiros ó seus propósitos acordan integrarse nesa normalidade democrática que se sostén no diálogo, na negociación e no pacto e non nos tiros.

QOSHE - Esquecemento, perdón... e firmeza - Alfredo Conde
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Esquecemento, perdón... e firmeza

10 0
24.04.2024

Salvador de Madariaga, ese coruñés que moitos coruñeses ignoran e moitos máis españois descoñecen, deixou escrito que era liberal porque o primeiro é a liberdade, socialista porque cría que sempre hai que velar porque as liberades individuais non se exerzan contra o ben común e conservador porque estimaba que sen un mínimo de orde non pode haber nin liberdade nin xustiza. Confeso que a min, ó contemplar o colectivo guirigai intelectual no que nos movemos, venme moito á cabeza á actitude e o compromiso que esas poucas liñas me suxiren.

Mentres eu escribía isto que vostedes estarán hoxe a ler, aínda non se celebraran as eleccións en Euzkadi. Poren, dado a escasa vocación profética que teño, atrevinme (estábao a facer nese momento) a expresar unha opinión que hoxe, 24 de abril, non sei se ha ser........

© La Región


Get it on Google Play