Dicir Ben-Hur é coma poñer diante dos ollos a imaxe de Charlton Heston enriba dunha cuadriga. Pero “Ben-Hur” (1925) tamén é a máis famosa película muda da Metro Goldwyn Mayer e o maior éxito de recadación da compañía durante a década dos 20. O filme foi de feito un dos proxectos herdados por Louis B. Mayer e Irving Thalberg coa creación MGM en 1924.

Como outras moitas películas espectaculares rodadas antes e despois dela, “Ben-Hur” pon o acento nas escenas espectaculares e de acción a costa das cualidades máis intimistas e persoais do relato. A gran batalla naval resentíase dunha deficiente posta en escena, pero proporcionaba o clímax á primeira parte da película. Na segunda parte, a carreira de cuadrigas cumpría idéntica función, converténdose nunha das secuencias máis emocionantes e dramáticas xamais filmadas e reflectindo a experiencia e imaxinación dos membros dos equipos técnico e artístico participantes na película. Entre eles había un pequeno exército de especialistas; 42 operadores, un nutrido grupo de montadores (de 56.000 metros de película filmada pasáronos a 210 de pura acción), e o director artístico Cedric Gibbons, complementado polo experto en efectos especiais J. Arnold Gillespie, que utilizou miles e miles de diminutos monicreques dotados de movemento para recrear a ilusión de que no estadio no que tiña lugar a famosa carreira había centos de miles de espectadores.

Despois da espectacular secuencia da carreira de cuadrigas era inevitable que a bobina final do filme decaese; pero a principal debilidade de “Ben-Hur” radica en que a relación fundamental da mesma, o enfrontamento entre o protagonista e Mesala, non resulta en ningún momento convincente. O papel de Francis X. Bushman (Mesala) é demasiado curto e non pasa en ningún momento de ser un “malo” estereotipado, mentres que (e a pesar de ser unha estrela) Ramón Novarro non se acopla moi ben ó heroico personaxe de Ben-Hur.

A película estreouse o 30 de decembro de 1925 en Nova York e as críticas foron polo xeral favorables. Así, “Ben-Hur” converteuse na que máis recadou da compañía. Porén, debido ós custos (uns catro millóns de dólares) e ó acordo de pagar a metade dos ingresos por dereitos de autor, o filme non acadou beneficios.

QOSHE - A Ben-Hur muda - Chito Rivas
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A Ben-Hur muda

4 0
16.02.2024

Dicir Ben-Hur é coma poñer diante dos ollos a imaxe de Charlton Heston enriba dunha cuadriga. Pero “Ben-Hur” (1925) tamén é a máis famosa película muda da Metro Goldwyn Mayer e o maior éxito de recadación da compañía durante a década dos 20. O filme foi de feito un dos proxectos herdados por Louis B. Mayer e Irving Thalberg coa creación MGM en 1924.

Como outras moitas películas espectaculares rodadas antes e despois dela, “Ben-Hur” pon o acento nas escenas espectaculares e de acción a costa das cualidades máis intimistas e persoais do relato. A........

© La Región


Get it on Google Play