Chegou un coche. Aparcou mal; en dobre fila. Somos moi propensos á dobre fila, a ocupar dúas prazas nos aparcadoiros, a aparcar nas dos discapacitados. Disimulamos cos catro intermitentes. Eses nos que, creo, só son para un par de minutos. O caso é aparcar, darlle ó botón dos intermitentes e que o tempo pase. Quen dixo un par de minutos ben poden ser quince ou vinte. Que son quince ou vinte minutos neste tempo eterno, infinito?

Marchou o coche. Neste caso é certo que non chegou nin ó par de minutos, pero... Pero é igual, aparcara mal. Eu tampouco son un santo, claro. Máis de dúas, de dez, de trinta veces boto man do primeiro parágrafo, exceptuando, iso si, as prazas dos discapacitados. Estas sempre as respectei. Son bicho raro con corazón de ouro.

Mira polo que se me deu hoxe... E coa calor que fai. Podía falar de praias ou de sombras ás beiras dos ríos, ou de latexos acalorados, ou de nugallas sobre a alma, ou de poemas preñados de berros, ou de fotos que se contemplan con desexo, ou de sonos cansados... Déuseme por falar de coches mal aparcados. É verdade que son unha peste e que non respectamos nada. Demasiado cómodos. Non metemos o coche na tenda ou no comercio ou no bar porque non colle pola porta.

E non falo para nada desas dobre filas e barullos ante colexios e pavillóns deportivos. Aí existe xa tal galimatías que é imposible unha solución a tanto formigueiro. Aí, nin intermitentes, nin subidas ás beirarrúas, nin atravesados, nin rabo de gaitas. Aí, a buscarse a vida que igual rebentamos cun curto paseo.

QOSHE - Bicho raro con corazón de ouro - Chito Rivas
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Bicho raro con corazón de ouro

20 0
24.04.2024

Chegou un coche. Aparcou mal; en dobre fila. Somos moi propensos á dobre fila, a ocupar dúas prazas nos aparcadoiros, a aparcar nas dos discapacitados. Disimulamos cos catro intermitentes. Eses nos que, creo, só son para un par de minutos. O caso é aparcar, darlle ó botón dos intermitentes e que o tempo pase. Quen dixo un par de minutos ben poden ser quince ou vinte. Que son quince ou........

© La Región


Get it on Google Play