Probei o asunto. Nada. Cambiei a materia. Igual. Non hai maneira. Voltas e reviravoltas. Estudos. Consultas. Buscando o erro. Intentando atopar a solución. Nada. Días de ansia. Días de proba. Días tortos. Días rotos. Cando o asunto ou materia non arrea, non tira para adiante é como unha rotura, como unha quebra que esgaza sen remedio.

Non obstante, a esperanza, a ansia non se perde. E haberá que seguir arre que arre, rego a rego para completar o eido. Malo será que non haxa unha solución final. Haberá que seguir dando voltas e reviravoltas. Buscando e furgando. Gravando e probando. Todo chegará.

Todo chega se se rincha os dentes e sigo. Hai que seguir. Sempre hai que seguir. Nin o mundo nin a vida se detén. Non serán uns cantos temas os que me venzan, os que me fagan recuar. Son o tal para darme por derrotado. Furgarei. Buscarei. Probarei. Borrarei. Empezarei de novo. Unha e outra vez. Dez e cen veces. Ata a traca final. Ata a solución final, única e eterna. Só quedará saber cando chegará esa eternidade.

É certo que tamén se hai que poñer no lado máis negativo, nesa solución que non se arranxa, que non arrea, que nin tan sequera se consegue iniciar. Non é delito ningún, entón, recoñecer a derrota. Quedará a opción de buscar e poñerse en mans de especialistas. Dá corte, dá apuro; porque sempre me gabei da miña profesionalidade, de que son especialista en todo, aínda que non entenda nin saiba nada. É igual; se non hai outro remedio, agacho a cabeza e... e con ela agachada sigo probando, buscando, cambiando. Malo será!

QOSHE - Buscando a solución - Chito Rivas
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Buscando a solución

6 0
24.04.2024

Probei o asunto. Nada. Cambiei a materia. Igual. Non hai maneira. Voltas e reviravoltas. Estudos. Consultas. Buscando o erro. Intentando atopar a solución. Nada. Días de ansia. Días de proba. Días tortos. Días rotos. Cando o asunto ou materia non arrea, non tira para adiante é como unha rotura, como unha quebra que esgaza sen remedio.

Non obstante, a esperanza, a ansia non se perde.........

© La Región


Get it on Google Play