Levo tres días ou máis (a verdade é que xa ando medio perdido) sen ver o ceo. E non porque estea cuberto de nubes nin porque eu estea encerrado en algún cuarto ou habitación. Levo varios días sen ver o ceo porque non miro para el. Así de simple e así de sinxelo. Ando sempre coa cabeza gacha e non a levanto para nada. Tampouco é porque me doa o pescozo ou porque teña algunha mala postura no mesmo, ou sexa, un cabaleiro. Xa digo: simplemente porque non quero mirar para el.

Sei cando chove porque chove e me mollo. Sei cando está moi escuro porque, ou ben hai ameaza dunha boa treboada, ou ben xa é noite pecha. Non necesito mirar para arriba para saber certas cousas do ceo e do que acontece no mesmo. Incluso sei cando pasan avións e helicópteros polo ruído, algúns paxaros cando pían e algunhas gaivotas cando cagan.

Xa sei que é difícil entender a miña decisión e a miña situación. Que por que non miro para o ceo? Nin eu mesmo o sei e moito menos o entendo. Déuseme por aí? Quizais. Por veces actúo sen pensar, nin en min nin nas consecuencias. Aínda que... consecuencias, practicamente nulas. Coa miña decisión non creo que inflúa na vida dos demais. Nin tan sequera na miña. Nin para ben nin para mal.

Durante estes días, coa cabeza gacha, vexo de todo: desde caracois esmagados no atallo ata merda dos cans pola Valenzá adiante. Esta última visión dá para todo un ensaio. Somos máis porcos que os propios cans. De súpeto, miro para o ceo e véxoo azul. Que bonito!

QOSHE - Coa cabeza gacha - Chito Rivas
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Coa cabeza gacha

5 0
22.02.2024

Levo tres días ou máis (a verdade é que xa ando medio perdido) sen ver o ceo. E non porque estea cuberto de nubes nin porque eu estea encerrado en algún cuarto ou habitación. Levo varios días sen ver o ceo porque non miro para el. Así de simple e así de sinxelo. Ando sempre coa cabeza gacha e non a levanto para nada. Tampouco é porque me doa o pescozo ou porque teña........

© La Región


Get it on Google Play