“… permítemo agora, porque convén que cumpramos así toda xustiza”
(Mateo 3:15)

Descubrir a Biblia é achegarnos á figura de Xesús, o fillo de Deus. As súas palabras son importantes para os que cren, e mesmo para os que non cren, pois en toda a cultura, a literatura, música, pintura e escultura están presentes coa súa mensaxe de amor. É por iso que comezamos unha etapa para entender as frases que Xesús pronunciou. A de hoxe está no contexto do seu bautismo. Só podo ver a Xoán bautizando a Xesús no río Xordán e, como El era sen pecado, Xoán dille que non precisa dar ese paso. Xesús fala de xustiza, porque quixo identificarse coas persoas e dar exemplo de que cada home ou muller que se achegue á xustiza de Cristo Xesús, morrendo e resucitando con El, terían unha vida nova. A xustiza de Deus cúmprese en Xesús con beneplácito do Pai e a presenza do Espíritu Santo.

QOSHE - As palabras de Xesús: O bautismo - José Luis Fernández Carnicero
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

As palabras de Xesús: O bautismo

18 0
19.04.2024

“… permítemo agora, porque convén que cumpramos así toda xustiza”
(Mateo 3:15)

Descubrir a Biblia é achegarnos á figura de Xesús, o fillo de Deus. As súas palabras son importantes para os que cren, e........

© La Región

Get it on Google Play