Explorando relatos antigos, topei un deses episodios pouco coñecidos que seguen a repetirse ao longo da historia. Dado que a vida das persoas non é longa, o refrán galego: “non hai mal que cen anos dure” segue sendo certo; veremos o porque. Pero falemos do relato. Para elo temos que trasladarnos ao imperio Babilónico e ver os enredos no que se ocupaba o neto de Nabucodonosor II de nome Beltsasar, fillo de Nabonido. Estamos no século VI a. C. e a Beltsasar ocúrreselle tomar os copos expoliados no Templo de Jerusalém e facer unha festa. O seu avó xa tivera que pasar algún tempo recoñecendo que el non era o que mandaba no imperio, pero ese episodio Beltsasar non o tivo en conta. Para refrescarlle a memoria, apareceron tres palabras escritas na parede ante un candeleiro que as alumeaba. O rei quedou pasmado e buscou a interpretación.

Para saber o significado dos nomes escritos chamaron a Daniel ( nome hebreo que foi mudado polo de Beltsasar). Beltsasar significa: o que garda ao rei ( en grego Baltasar). Foi así que Daniel interpretou os nomes cos seus significados; MENE: contou Deus o teu reino e púxolle fin. TEKEL: Fuches pesado en balanza e faltouche peso. PERES: O teu reino dividiuse, e entregouse aos Medos e Persas. E penso que a historia repítese. Ningún imperio foi para sempre e cando os erros superan as virtudes, chegan os cambios. Por iso sempre quedará o respeto ás persoas, aos que gobernan, aos de calquera estracto social ou aos que serven aos demáis. Sexa nos Concellos, nas Deputacións o unas Comunidades Autónomas os políticos deberán tomar nota que os que xulgan con liberdade, os cidadáns, empregan palabras parecidas ás escritas naquel palacio: Número, Pesa e División. Porque o número dos nosos días non dependen de nós. As pesas coas que medimos os acertos e os erros, non están trucadas; e se o estivesen, pronto se ven os favores e as prevendas. E finalmente a División acontece cando non hai diálogo, nen acordos e os intereses persoales prevalecen ante as necesidades públicas. Supoño que todos os que estaban bebendo e festexando no Palacio de Beltsasar falaban ben del. Aínda que se fose na Galiza, algún adventicio habería que tiña máis que dicer, porén case sempre acontece, que os que non son traidores, falan ben dos seus amigos.

E chegados a este punto, xa non teño que explicar o refrán do principio, pois a se a sociedade se decatara dalgún caso de corrupción, ou de prevaricación, “o mal” vai sair cando haxa alguén que poida solucionalo. Para iso a educación ten un papel fundamental. Cando as irregularidades son eclipsadas polas festas, parrandas e se deixa que a cultura esmoreza no solpor, as ciudades, pobos e aldeas sufren e non avanzan cos tempos e coas novas xerazóns. Estas últimas recollerán unha herdanza contaminada que non ten outro fin que a división.

Novos tempos son aqueles que os que marchan, saben marchar; os que perden, saben perder; e os que gañan, saben gañar para atender o que hai que atender: que o progreso e a renovación dos valores aos que nunca debemos renunciar sexa para todos os cidadáns.

QOSHE - O escrito na parede: MENE, TEKEL, PERES - José Luis Fernández Carnicero
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O escrito na parede: MENE, TEKEL, PERES

6 0
09.11.2023

Explorando relatos antigos, topei un deses episodios pouco coñecidos que seguen a repetirse ao longo da historia. Dado que a vida das persoas non é longa, o refrán galego: “non hai mal que cen anos dure” segue sendo certo; veremos o porque. Pero falemos do relato. Para elo temos que trasladarnos ao imperio Babilónico e ver os enredos no que se ocupaba o neto de Nabucodonosor II de nome Beltsasar, fillo de Nabonido. Estamos no século VI a. C. e a Beltsasar ocúrreselle tomar os copos expoliados no Templo de Jerusalém e facer unha festa. O seu avó xa tivera que pasar algún tempo recoñecendo que el non era o que mandaba no imperio, pero ese episodio Beltsasar non o tivo en conta. Para refrescarlle a memoria, apareceron tres palabras escritas na parede ante un........

© La Región


Get it on Google Play