Sin valorar cuanto de verdadeiro ou de histriónico pode ter o a carta de Pedro Sánchez polos ataques que está sufrindo a sua dona nas últimas semanas é unha evidencia que o presidente do Goberno ten moitos inimigos. Haberá quen de vostedes dirá que con razón ou quen o considere vítima da degradación da convivencia política en España. Non é o único, pois pola mesma ou parecida situación pasarán o líder da oposición, dirixentes estatais ou autonómicos, así como persoalidades relevantes de distintos ámbitos. Están esquecidos os tempos nos que o xogo democrático circunscribíase maioritariamente ás diferencias ideolóxicas ou ás distintas formas de ver a acción política, respectando ó outro e preservando da loita as cuestións de ámbito persoal ou privado.

Dinamitado o fair play, os rivais pasaron a ser pezas a batir mediante vocablos de sal grosa usados a modo de munición contra a esfera máis íntima do atacado. Aberto o fogo, o exército de incondicionais apostados nas redes de referencia (X principalmente) perciben o sinal como unha declaración espontánea de zafarrancho de combate que abre un ataque inmisericorde ata con argumentos falsos que as tropas contrarias tratan de neutralizar cas mesmas armas. En tal tensión pode aparecer en escea unha sua señoría, para tomar decisións que xeralmente favorecen ós atacantes, aínda que as argumentacións haxa que collelas con pinzas ou nin así.

En Ourense e Galicia houbo hai anos unha variante xusticieira cunha macrocausa con oitenta imputados -a maioría políticos en activo- Doce anos despois, non hai ningún que fora xulgado, sendo arquivadas as causas respectivas polas que foran detidos. Eso sí, perderon os postos que ocupaban, foron sometidos a escarnio público inxustamente, protagonizaron portadas informativas sustentadas en filtracións interesadas do sumario; algúns arrastran problemas por graves quebrantos de saúde derivados da presión vivida por eles e as suas familias. Que lles pregunten a Paco Rodríguez, López Orozco ou Adolfo Gacio, por exemplo, alcaldes en 2011 de Ourense, Lugo ou Boqueixón, respectivamente, entre outros.

De xeito tan curioso como lamentable, non houbo atisbo de reparación polo dano causado, como tampouco nos casos de señalamento público, insulto e vilipendio de persoalidades destacadas nos últimos anos e da o mesmo que sexan ministros, gobernantes autonómicos, a dona do presidente do Goberno ou do líder da oposición. Que barato sae rachar a honorabilidade das persoas¡

QOSHE - Tempo de insultos a custo cero - Lalo Pavón
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Tempo de insultos a custo cero

22 0
29.04.2024

Sin valorar cuanto de verdadeiro ou de histriónico pode ter o a carta de Pedro Sánchez polos ataques que está sufrindo a sua dona nas últimas semanas é unha evidencia que o presidente do Goberno ten moitos inimigos. Haberá quen de vostedes dirá que con razón ou quen o considere vítima da degradación da convivencia política en España. Non é o único, pois pola mesma ou parecida situación pasarán o líder da oposición, dirixentes estatais ou autonómicos, así como persoalidades relevantes de distintos ámbitos. Están esquecidos os tempos nos que o xogo democrático circunscribíase maioritariamente ás diferencias........

© La Región


Get it on Google Play