O exemplo do dentista que puxo Jácome hai uns días falando coa prensa, e vistas as frases literarias que deixa sempre que abre a boca e di algo, non debía chamarlle a atención a ninguén. O alcalde é clariño falando daquelo que lle convén, aínda que doutras cousas garde un silencio que sinala o escurantismo no que vive o seu goberno. Amosa que está cheo de culpabilidades que a día de hoxe o teñen en vilo.

Ourense cidade vive un tempo institucional que conviría esquecer canto antes; somos o faime rir non so de Galicia, senon de todo o Estado. A linguaxe do despótico e chocalleiro alcalde é unha boa mostra do populismo barato ó que estamos sometidos todos. Pero, que ninguén se engane: Jácome está moi nervioso e inquedo; sabe que na política galega non pinta nada e xa é mais un estorbo que outra cousa. Non é chave en Compostela e, por moito que fale de ovos, ó PP non lle fai falla para nada, pois a Deputación non corre perigo ningún.

O PP, partido que sempre foi de goberno, debía dar un golpe na mesa e apartar a Jácome da alcaldía canto antes polo seu ben e polo prestixio que perde, dándolle un apoio, ben con abstencións, calando e tragando sapos, ou co seu voto. A moción é posible a día de hoxe... a pregunta é a seguinte: merécelle a pena o PP salvarlle os mobles a un alcalde e a un grupo de aproveitados a cambio de nada e perder prestixio diante a cidadanía? Chegou o tempo de que o sr. Menor demostre quen leva os galóns e quén manda. O tempo de que actúe de xefe, pois o que acontece en Ourense é un caso especial e como tal ten que ser tratado.

Jácome movese moi ben no lixo da confrontación marrulleira na que moitas veces anda o debate político. O seu campo mellor é enzoufarse no lodo. Mais ise comentario, si, o dos ovos, debía ter unha resposta contundente. E eso ímolo ver cando presente os seus presupostos e llos rexeiten e logo pida unha moción de confianza. Agora xa non está Baltar na cadeira da Deputación; agora a moción de censura tampouco parece posible na Deputación, e o PP non precisa en Santiago a ise deputado de DO. As preguntas saltan e poñen branco sobre negro. Na provincia hai tres forzas políticas que teñen unha forte implantación da que carece o grupiño do alcalde. A que esperan para porse de acordo e limpar o Concello das Burgas? A que esperan para impedir o deterioro dunha institución como o Concello? A culpa non esta repartida por igual, pois o PP é o que ten moita máis cós demais.

Por moito que berre o dono do micro, por moito que predique quen dá e corta intervencións cando lle peta, a día de hoxe non ten a ninguén amarrado polos cataplíns. Eso é unha farolada dun home que ten unha gran diarrea verbal. E se Jácome sigue na cadeira de mando é porque, sobor de todo os populares, carecen de liderado en Ourense. Se en Santiago non precisan de DO e en Ourense tampouco, a que carallo esperan.

En política hai que facerse valer. E moitas veces hai que demostralo. Ate onde eu sei, hoxe a moción de censura é posible. Pois, polo ben da cidadanía de Ourense convén que os grupos se poñan de acordo e actúen. En fin, chegou o tempo de baixar da nube a quen non debía estar na cadeira de mando. Esperemos acontecementos.

QOSHE - Amarrado polos ovos - Manuel Herminio Iglesias
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Amarrado polos ovos

6 0
13.03.2024


O exemplo do dentista que puxo Jácome hai uns días falando coa prensa, e vistas as frases literarias que deixa sempre que abre a boca e di algo, non debía chamarlle a atención a ninguén. O alcalde é clariño falando daquelo que lle convén, aínda que doutras cousas garde un silencio que sinala o escurantismo no que vive o seu goberno. Amosa que está cheo de culpabilidades que a día de hoxe o teñen en vilo.

Ourense cidade vive un tempo institucional que conviría esquecer canto antes; somos o faime rir non so de Galicia, senon de todo o Estado. A linguaxe do despótico e chocalleiro alcalde é unha boa mostra do populismo barato ó que estamos sometidos todos. Pero, que ninguén se engane: Jácome está moi nervioso e inquedo; sabe que na política galega non pinta nada e xa é mais un........

© La Región


Get it on Google Play