Prohibir totalmente o móbil na escola poderá contribuír a mellorar as cousas neste contexto pero non a solucionar os problemas, cada día máis graves, que está a provocar este aparello. Coma en tantas outras cuestións educativas, a clave está na familia, primeira e máis importante institución responsable da educación dos fillos, que non debe delegar este compromiso no centro docente.

Os pais permiten aos fillos un uso temperá e indiscriminado do móbil por diferentes razóns: porque os amigos tamén o fan; porque pensan que esta tecnoloxía favorece o estudo e a aprendizaxe; porque os nenos distráense e non estorban ou ben porque se practica no fogar una educación permisiva e sen límites. Canto á primeira, estamos diante dun gregarismo moi típico hoxe, pois a presión social resulta tan forte que é máis cómodo deixarse levar que loitar contra a corrente, con criterios claros e coherentes que retrasen e racionalicen o uso deste teléfono.

Polo que se refire aos supostos beneficios para o estudo, serían moi grandes se o alumno estivese capacitado para aproveitalos, pero as competencias dixitais necesarias para a actividade académica son baixas en contraste coas máis usuais da vida cotiá. Mentres non se demostre o contrario, as técnicas de traballo intelectual seguen a ser imprescindibles para o éxito escolar, pero o móbil non está a favorecelas. Cada vez diminúe máis a capacidade de atención, reflexión e memorización e a linguaxe icónica e audiovisual vai en detrimento da textual.

O rapaz perde tamén moito tempo nas actividades que están a remar en contra deste grande posibilidade formativa, como son os xogos, navegación sen control por internet ou atención ás redes sociais. Tarefas que levadas ao extremo poden provocar adicción, problemas de conduta e mesmo de saúde, con falta de sono ou de exercicio físico.

A solución pasa por que os pais estean moi próximos aos fillos e comecen cedo a súa educación para o uso das tecnoloxías. Os límites no acceso ás mesmas deben estar claros, non só en canto ao móbil ou ordenador, senón tamén á televisión, que a maioría dos nenos usan con absoluta liberdade.

Non deberían posuír un móbil intelixente ata que teñan adquirido madurez e responsabilidade e isto non acostuma ocorrer antes da adolescencia. É moito mellor, ademais, previr que curar, pois se o neno está afeito a non utilizar este aparello non o botará en falta se llo hai que retirar ou restrinxir con posterioridade, debido a un uso inadecuado do mesmo.

QOSHE - Educar na casa para o uso do móbil - Celso Currás
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Educar na casa para o uso do móbil

9 2
13.12.2023

Prohibir totalmente o móbil na escola poderá contribuír a mellorar as cousas neste contexto pero non a solucionar os problemas, cada día máis graves, que está a provocar este aparello. Coma en tantas outras cuestións educativas, a clave está na familia, primeira e máis importante institución responsable da educación dos fillos, que non debe delegar este compromiso no centro docente.

Os pais permiten aos fillos un uso temperá e indiscriminado do móbil por diferentes razóns: porque os amigos tamén o fan; porque pensan que esta tecnoloxía favorece o estudo e a aprendizaxe; porque os nenos distráense e non........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play