Estes días, lendo o libro Atlas de IA de Kate Crawford, decateime da miña ignorancia dos «custos ocultos» da intelixencia artificial, pois non era consciente dos recursos naturais necesarios para levala a cabo, ou da precariedade laboral que hai detrás dela. Crawford é unha das investigadoras máis importantes no eido das implicacións sociais e políticas da IA, e o seu libro é realmente un atlas para entender as consecuencias que ten para o ser humano e para o planeta unha tecnoloxía que «perpetúa o poder e os seus nesgos sociais e culturais».

A autora amosa como a IA «non é unha técnica obxectiva ou neutra que faga determinacións sen a dirección humana», e chega á conclusión de que os seus sistemas «están deseñados para discriminar e amplificar xerarquías». No libro fala tamén do Mechanical Turk de Amazon, unha plataforma de crowdsourcing que permite subcontratar por internet a traballadores que se encargan de tarefas que son máis complexas para os ordenadores que para os humanos, como a moderación de contidos ou o recoñecemento de imaxes. Un nome que vén do húngaro Wolfgang von Kempelen, que no 1769 inventou o Mechanical Turk, un autómata turco que xogaba ao xadrez e que durante anos fixo crer ao público que o que facía que gañase as partidas era a súa intelixencia artificial e non o feito de que había unha persoa escondida dentro do seu invento. Ao igual que no sistema de Amazon.

Moito nos queda por aprender deste momento da nosa existencia, pero cada día son máis consciente do importante que é intentar entender o que significa esta ferramenta para o presente e o futuro da humanidade, aínda que xa non podamos facer nada para parala.

QOSHE - Custos ocultos - Cristina Pato
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Custos ocultos

5 0
15.12.2023

Estes días, lendo o libro Atlas de IA de Kate Crawford, decateime da miña ignorancia dos «custos ocultos» da intelixencia artificial, pois non era consciente dos recursos naturais necesarios para levala a cabo, ou da precariedade laboral que hai detrás dela. Crawford é unha das investigadoras máis importantes no eido das implicacións sociais e políticas da IA, e o seu libro é realmente un atlas para entender as........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play