Lía esta semana unha entrevista co divulgador científico e xerme dos museos científicos da Coruña, Ramón Núñez Centella, que me fixo matinar sobre as posibilidades de adaptación aos diferentes xeitos de estar no mundo segundo a etapa vital na que nos atopamos. No contexto da súa xubilación, Núñez Centella dicía que «tiven que aprender a encher os días», unha frase que quedou resoando na miña cabeza. Pois, queiramos ou non, o ritmo da nosa vida está marcado polas nosas obrigas persoais e profesionais, e cando algunha desas obrigas cambia ou desaparece, entón temos que repensar as nosas rutinas e iso non é sempre doado. Esa idea de «encher os días», especialmente cando vés dunha vida profesional chea de vida social, compromisos e responsabilidades, é máis complexa do que pensamos.

Retirarse de algo sempre trae consecuencias. O retiro voluntario é diferente ao retiro involuntario, pero pregúntome cal é a diferenza con respecto ao que pasa posteriormente, como aprendemos a encher os días as persoas que, polas razóns que sexan, estamos retiradas da nosa anterior vida?

Nestes últimos doce anos, a prioridade das fillas da Maruxa foi «encher os seus días» con actividades para intentar frear o seu deterioro cognitivo. E nestes últimos catro anos, desde que me retirei da industria musical para centrarme nas miñas outras vidas (a docencia, a escrita), tamén reflexionei sobre o feito de que cando a miña axenda estaba chea non tiña tanto tempo para pensar. Agora, «encher os días» significa algo diferente cada día, significa reinventar a existencia segundo a imos vivindo, e hei de recoñecer que, a pesar da incerteza, prefiro construír esta etapa así, día a día...

QOSHE - Encher os días - Cristina Pato
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Encher os días

4 0
22.03.2024

Lía esta semana unha entrevista co divulgador científico e xerme dos museos científicos da Coruña, Ramón Núñez Centella, que me fixo matinar sobre as posibilidades de adaptación aos diferentes xeitos de estar no mundo segundo a etapa vital na que nos atopamos. No contexto da súa xubilación, Núñez Centella dicía que «tiven que aprender a encher os días», unha frase que quedou resoando na miña cabeza.........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play