A pesar de todas as cousas que están caendo arredor de nós; a pesar das guerras, dos xenocidios, da precariedade, das inxustizas, temos que intentar atopar algo de maxia na nosa existencia, pois se non o facemos hai días nos que é case imposible tirar cara adiante.

Esta semana espertei cun amencer de cor laranxa tirando a rosado. Era coma un amencer-solpor, pois, se non fora pola hora do día, semellaba un deses solpores máxicos de verán. Pero era un amencer máxico de inverno. E por iso quedei mirando para el a través da miña fiestra e decidín que non me movería dela até que marcharan as cores. Pero as cores tardaban en marchar, e eu seguía alí, pasmando, mirando para o colorido abano dun sol que non lograba ver desde a miña casa. E cando por fin apareceu o gris habitual destes días, decateime de que as cores quedaran comigo, e dalgún xeito o día avanzou de cor laranxa, e rosado, pero non gris, a pesar da néboa e a friaxe.

O ioga nunca foi para min. Intenteino moitas veces, especialmente cando na miña outra vida andaba de xira pola India todos os anos. Pero pasmar mirando á natureza (ou a algunha escena cotiá) dáseme bastante ben. E coido que, segundo o que entendo dos meus amigos ioguis, ese xeito que teño de pasmonear, ou de abraiarme acotío, é o que me mantén sa. É o meu ioga particular.

Atopar a maxia no noso día a día non sempre é doado. O urxente sempre se mete polo medio e non nos deixa pensar máis que na nosa supervivencia, ou na dos nosos. Pero neste ano recentemente estreado prometinme que lle daría máis tempo ao importante e menos ao urxente: prometinme que atoparía o tempo para pasmar e deixarme marabillar pola beleza do cotián...

QOSHE - Maxia cotiá - Cristina Pato
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Maxia cotiá

2 0
05.01.2024

A pesar de todas as cousas que están caendo arredor de nós; a pesar das guerras, dos xenocidios, da precariedade, das inxustizas, temos que intentar atopar algo de maxia na nosa existencia, pois se non o facemos hai días nos que é case imposible tirar cara adiante.

Esta semana espertei cun amencer de cor laranxa tirando a rosado. Era coma un amencer-solpor, pois, se non fora pola hora do día, semellaba un deses........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play