Non sei que ten a miña nai coa auga. Non lle gusta bebela, e cústalle un mundo facelo. Cando estamos xuntas, ás veces bótolle algo de limón ou de xenxibre para ver se así bebe con máis gana, e a verdade é que funciona, tanto para ela como para min, pois eu tamén herdei ese mal hábito. O caso é que o outro día, mentres bebía auga con limón na casa da miña irmá, a miña nai púxose a falar das augas con sabores que ás veces levaban os portadores de auga, os «aguadores». Entón decateime de que os únicos «aguadores» que eu vira na miña vida coido que eran os dos cadros de Goya e Velázquez, e que nunca me preguntara que facían exactamente, ou cando desapareceran. Pois non podemos esquecer que, nesta parte do mundo, a auga «traída» non chegou a moitas casas até mediados do século XX...

E así, falando do rápido que esquecemos os vellos oficios e aparatos, veume á cabeza aquel sereno que andaba polo centro de Ourense nos meus días de instituto nocturno, e tamén aquel teléfono que «marcaba os pasos» na tenda da Lola en Armariz, e aquela cabina na esquina da rúa once con Bleecker na que, cando me mudei a Nova York (hai agora vinte anos), pasaba falando dúas horas ao día. Veume á cabeza a primeira vez que vin un teléfono móbil, e un ordenador portátil, e tamén a primeira vez que usamos un microondas na casa...

Que rápido cambia todo, pensei. Xa son coma a miña nai, pensei. E se non me apuro, quedarei atascada nesta era. Pero tamén pensei que o ritmo do actual progreso tecnolóxico é case imposible de seguir, e que por moito que apure sempre estarei por detrás. Así que seguirei camiñando nesoutro ritmo, o meu, o lento. Porque, a onde vas con tanta présa?

QOSHE - O progreso - Cristina Pato
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

O progreso

2 0
12.01.2024

Non sei que ten a miña nai coa auga. Non lle gusta bebela, e cústalle un mundo facelo. Cando estamos xuntas, ás veces bótolle algo de limón ou de xenxibre para ver se así bebe con máis gana, e a verdade é que funciona, tanto para ela como para min, pois eu tamén herdei ese mal hábito. O caso é que o outro día, mentres bebía auga con limón na casa da miña irmá, a miña nai púxose a falar das augas con sabores que........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play