Fun a unha conferencia do neurocientífico Christof Koch, na que falaba da teoría da consciencia desde o punto de vista da neurociencia. Mentres o escoitaba pensaba no complexo que resulta entender que é a consciencia e en que parte do noso cerebro está aloxada. Para Koch, a consciencia «é a realidade vivida», é «a sensación da vida mesma». Na súa obra fala sobre como «a mente subxectiva emerxe das interaccións intermitentes entre as neuronas do córtex cerebral e as estruturas relacionadas», e precisamente o seu traballo céntrase en comprender como esa parte do cerebro «dá lugar a calquera experiencia consciente; ao sentimento de amor, melancolía, dor ou pracer».

Durante anos lin con paixón as teorías do neurocientífico Antonio Damasio. O seu xeito de achegarnos ás nosas emocións converteume nunha especie de afeccionada ao mundo da neurociencia e grazas aos seus libros, e ao meu intento de comprender como a demencia da miña nai afectaba á súa consciencia e ao seu xeito de emocionarse, fun pouco a pouco intentando adquirir unha linguaxe básica para poder entender (humildemente e con moitas limitacións) aos neurocientíficos cos que me fun atopando nos últimos anos, especialmente ao meu compañeiro da Universidade de California, Santa Barbara, Kenneth S. Kosik.

E precisamente grazas a Kosik, intento comprender que significa que alguén descubra as bases neuronais da consciencia, ou que a intelixencia artificial aprenda a linguaxe da consciencia. O noso xeito de percibir «a realidade vivida» é ben complexo, pero máis complexo é para min, ou máis vertixe me produce, a teoría de Koch de que internet podería chegar a ter consciencia algún día...

QOSHE - Teoría da consciencia - Cristina Pato
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Teoría da consciencia

4 0
15.03.2024

Fun a unha conferencia do neurocientífico Christof Koch, na que falaba da teoría da consciencia desde o punto de vista da neurociencia. Mentres o escoitaba pensaba no complexo que resulta entender que é a consciencia e en que parte do noso cerebro está aloxada. Para Koch, a consciencia «é a realidade vivida», é «a sensación da vida mesma». Na súa obra fala sobre como «a mente subxectiva emerxe das interaccións........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play