Ten visos de himno a canción que España enviará a Eurovisión, e iso a pesar de que a cantante que a interpreta canta, digamos, raro. A canción non é precisamente A crítica da razón pura, pero a súa mensaxe é efectiva: fala das mulleres catalogadas coma «zorras» (en galego, por se non se entende, lurpias, lerchas, churrianas, candongas, fulanas) por comportárense como queren, por priorizar pasalo ben, por seren libres, por non pensaren no que dirán, por viviren, en fin, coma se fosen homes, ou sexa, como lles peta, sen aceptar o control moral. Non fai falla moita afinación para que a xente (que xa converteu a canción nun dos temas máis escoitados de Spotify) detecte nesa letra un contido liberador que xa puxeron de antifeminista os que cren que precisabamos dun home para escribirnos o manual do correcto feminismo. E tamén detectan nela baixos índices de feminismo as apóstolas doutrinais de Virginia Woolf. Non hai nada peor que as feministas cando nos poñemos moralistas e nos agroma polas costuras a represión sexual xudeocristiá: acaso mente Zorra cando relata como se nos tacha de fulanas por «saír soa», «divertirme», «facérsenos día», porque «cuando consigo lo que quiero / jamás es porque lo merezco / y aunque me esté comiendo el mundo / no se valora ni un segundo»? Ata Beauvoir se identificaría con iso.

Zorra consegue algo que no que o feminismo teima desde hai anos: resignificar as palabras coas que se exerceu a represión contra nós, as mulleres, para despoxalas dos matices pexorativos e, amosándoas espidas, insistir na linguaxe como ferramenta para mudar a realidade. A decencia e a elegancia son os elos da cadea que nos ata á pata da cama, e a canción fala da lercha á que, como cantou Alaska noutro himno, lle importa un bledo.

QOSHE - «Zorra» - Inma López Silva
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

«Zorra»

4 1
14.02.2024

Ten visos de himno a canción que España enviará a Eurovisión, e iso a pesar de que a cantante que a interpreta canta, digamos, raro. A canción non é precisamente A crítica da razón pura, pero a súa mensaxe é efectiva: fala das mulleres catalogadas coma «zorras» (en galego, por se non se entende, lurpias, lerchas, churrianas, candongas, fulanas) por comportárense como queren, por priorizar pasalo ben, por seren libres, por non........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play