A sentenza que condenou o futbolista Dani Alves a catro anos e medio de cárcere pola violación dunha moza no baño dunha discoteca de Barcelona expresa que, para a existencia dunha agresión sexual, non cómpre acreditar «unha heroica oposición da vítima a manter relacións sexuais». Pero, malia iso, desenvolve o concepto de consentimento, tan controvertido coma elocuente. Controvertido para quen cuestiona todo o relativo ás decisións e cuestións femininas, e elocuente para nós, as consentidoras, pois creo que non hai muller que, ao longo da súa vida sexual, non experimentase un cambio de opinión, unha inapetencia súbita, unha desgana repentina ou un repensar in medias, que a levasen a un non onde antes houbera un si.

O problema non é dicir non, senón o momento posterior: ese como que non (e a agresión), ese quen me manda chegar aquí (e a culpa), ese que dirán (e o xuízo social), que provocan un si que se sabe non, un silencio, ou, en fin, a heroica resistencia. Así que, malia a lei e a consciencia colectiva de que non é tan fácil saber o que se quere en materia sexual, o que se acaba dirimindo nos casos de violación segue sendo a nosa heroica resistencia, en lugar do crime en si. Este segue a ser o único delito en que unha vítima ten que demostrar se fixo, se dixo ou se non: imaxinen que lles rouban, pero non hai delito porque lles esqueceu dar dúas voltas á chave.

O consentimento é a nova ferramenta para axuizar se as mulleres violadas pecharon con chave o seu sexo, pois, detrás do concepto, segue vixente a idea de que hai algo que decide outro (ter sexo) sobre o que as mulleres só podemos consentir, ou resistir heroicamente. Porque en falando dun home e unha muller pechados nun baño dunha discoteca, só queda o heroísmo.

QOSHE - Heroica oposición - Inma López Silva
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Heroica oposición

13 7
27.02.2024

A sentenza que condenou o futbolista Dani Alves a catro anos e medio de cárcere pola violación dunha moza no baño dunha discoteca de Barcelona expresa que, para a existencia dunha agresión sexual, non cómpre acreditar «unha heroica oposición da vítima a manter relacións sexuais». Pero, malia iso, desenvolve o concepto de consentimento, tan controvertido coma elocuente. Controvertido para quen cuestiona todo o relativo........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play