Que sería de nós, hoxe e sempre, sen as súas linguas de trapo dos políticos, sen os cachifallos de citas que se atragoan, sen as letras que bailan e aledan esta triste España. Todavía e contra todo prognóstico, precisan a literatura para expresárense mellor. Pero hoxe, a diferenza de antes, cando acudían aos andeis onde estaban eses perfectos inventos chamados «libros», recorren sempre a Google, que parece un pozo de sabedoría que nin Confucio. Quedan cousas que se ven mellor nos libros que nas quotes de Goodreads, onde Feijoo atopou a cita errada de Machado na que o perdeu a soberbia. Tampouco imos dar leccións: a todas nos pasa, só que o que non importa no bar si importa na tribuna do Congreso, malia todo, un lugar de culta dignidade. Eu, coma Feijoo, tamén abuso de Google. Aí atopo unha foto de Pedro lucindo palmito na praia cun libro de Murakami, e outra de Alberto portando a súa propia biografía. Os meus haters supoñerán que digo isto porque devezo por que Feijoo me lea, pero confórmome con que me cite no Congreso. As miñas citas son desas que dan sensación de completo, non coma Machado e a súa manía cos proverbios.

O poema VIII da sección Proverbios y cantares do Nuevas canciones de Machado é só un pequeno verso: «Hoy es siempre todavía». Parece incompleto, pero de aí arrinca a marabilla. O poeta deixouno insultantemente breve, e no erro aparente e teimudo demostra que a vida radica no tempo dos adverbios. Seguro que Sánchez fixo unha camiseta co poema, pois é a terceira vez que emprega a cita. Pero os políticos (ou os seus equipos) non se escoitan entre si. E Feijoo —ou quen lle axude co dos discursos de verdade, non coas arengas ás multitudes enfebrecidas que non len—, debera ter a súa propia literatura de cabeceira.

QOSHE - Hoy es siempre todavía - Inma López Silva
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Hoy es siempre todavía

7 1
17.11.2023

Que sería de nós, hoxe e sempre, sen as súas linguas de trapo dos políticos, sen os cachifallos de citas que se atragoan, sen as letras que bailan e aledan esta triste España. Todavía e contra todo prognóstico, precisan a literatura para expresárense mellor. Pero hoxe, a diferenza de antes, cando acudían aos andeis onde estaban eses perfectos inventos chamados «libros», recorren sempre a Google, que parece un pozo de sabedoría que nin........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play