Trinta e cinco anos despois de asasinar a unha muller por encargo do seu home, Kenneth Smith foi executado en Alabama en cumprimento da condena a morte á que fora sentenciado... por segunda vez. No 2022, houbo un intento falido de matalo coa chamada inxección letal. Non lle atopaban a vea, aínda que o veleno estaría caducado despois de que as farmacéuticas, por motivos de imaxe, deixasen de prover os cárceres dos compoñentes da inxección, e despois de que a UE prohibise a súa exportación.

Hai algo de medieval nas execucións estadounidenses, co reverendo asistindo ao reo nun xesto que parece procurar máis o perdón dos que quedan ca do que se vai, e co público presenciando o espectáculo nunha mestura de morbo, vinganza e funeral. Cada cumprimento dunha condena a morte é unha vergoña en que o Estado, en lugar de erixirse en exemplo de civilización, se fai voceiro da nosa senrazón vingativa.

Pregúntome de que serve aos fillos da vítima a morte do asasino trinta e cinco anos despois: a vida continuou, a nai non foi devolta, e Smith alí quedou, á espera de dar cumprimento a unha forma refinada e contemporánea da Lei do Talión: deixar sen pai aos fillos do asasino. Vivir así, por feridas que estean, non fai as vítimas mellores que o asasino. E o Estado axúdalles a inventar un delito para outros, un delito á marxe do Dereito e da lóxica: ser fillos ou esposa dun sicario.

Todos os sistemas penitenciarios responden ao pouso da nosa maldade rancorosa, unha maldade que se alimenta durante décadas no caso de vítimas que, por séreno, parecen eximidas de toda condición moral. E a min, que lle queren, lendo todo coma unha inmensa traxedia, cústame ver como vítimas a eses fillos contentos do asasinato do home que matou a súa nai.

QOSHE - Un paso atrás da humanidade - Inma López Silva
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Un paso atrás da humanidade

5 5
30.01.2024

Trinta e cinco anos despois de asasinar a unha muller por encargo do seu home, Kenneth Smith foi executado en Alabama en cumprimento da condena a morte á que fora sentenciado... por segunda vez. No 2022, houbo un intento falido de matalo coa chamada inxección letal. Non lle atopaban a vea, aínda que o veleno estaría caducado despois de que as farmacéuticas, por motivos de imaxe, deixasen de prover os cárceres dos compoñentes........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play