En plena intifada, percorriamos Compostela abrigándonos do frío cos nosos panos palestinos sen imaxinar que, vinte anos despois, as nosas fillas herdarían a mesma prenda para a mesma loita. Por iso soa a cantinela repetida a resolución da ONU polo recoñecemento de Palestina.

Que os mesmos que viviron un Holocausto que aínda nos estarrece practiquen con exactitude cuántica o exterminio da mocidade gazatí é unha desas contradicións da historia que nalgún momento ocupará unha nota a rodapé. Mais xa será cando a operación estea rematada: un Estado sen poboación é unha entidade absurda e estúpida, e a ONU tamén o sabe. Así que o bonito esforzo de España polo recoñecemento do Estado de Palestina ten pouco percorrido. Pero é curioso que non promovan tamén sancións a Israel (coma a Rusia) ou mesmo acusacións contra dirixentes hebreos por crimes de guerra e de lesa humanidade. Claro que facer iso sería axuizar no plano ético a quen, por seren vítimas dos nazis, parecen ter bula para botar pola borda a pouca humanidade que nos quedaba.

As nais gazatís paren nenos mortos. Tanto ten o tempo que sobrevivan, tanto ten se son futuros paladíns de Hamas ou se están chamados a levar o Nobel da Paz (coma Kissinger). Xa van máis de doce mil trescentos nenos asasinados, e Unicef calcula que, cada día, uns 400 menores resultan mortos ou feridos, vítimas dun xenocidio calculado: cómpre impedir a rexeneración da densísima poboación de Gaza. Por iso Israel (e o seu socio EE.UU.), expertos no rifirrafe diplomático, eternizan un proceso imparábel de eliminación da poboación palestina.

A diferenza de nós, as netas das nosas fillas empregarán aquel vello pano como mantel, pois os mantos de silencio funcionan, vaia se funcionan.

QOSHE - Xenocidio - Inma López Silva
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Xenocidio

12 0
23.04.2024

En plena intifada, percorriamos Compostela abrigándonos do frío cos nosos panos palestinos sen imaxinar que, vinte anos despois, as nosas fillas herdarían a mesma prenda para a mesma loita. Por iso soa a cantinela repetida a resolución da ONU polo recoñecemento de Palestina.

Que os mesmos que viviron un Holocausto que aínda nos estarrece practiquen con exactitude cuántica o exterminio da mocidade gazatí é unha desas........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play