Por mor do 25N, leo sobre a iniciativa que puxo en marcha a Asociación Xornalistas Galegas. Baixo o cancelo #25Ncóntao, preguntaron a máis dun cento de comunicadoras polas súas experiencias de agresións machistas. Os datos non deixan de estarrecer malia non sorprenderen, pois demostran que, antes que xornalistas ou presentadoras, son simples mulleres, ou sexa, seres agredíbeis, simples estorbos. Oito de cada dez xornalistas sufriron actitudes machistas por parte dos superiores e o 3 % soportaron ou foron testemuñas de acoso sexual. Contan cousas pouco novas: tocamentos, chantaxe sexual, abuso de poder, cousificación..., e algunhas cousas propias do oficio: violencia das fontes, presión sobre a imaxe, mingua da credibilidade. Os datos lembráronme ao estupor do Me Too, cando as actrices tiraron a venda dos ollos da xente que pensaba que o encanto as facía inmunes ao andazo que afecta a todas masivamente. As xornalistas, coma as actrices, as escritoras ou as pintoras, experimentan, coma calquera outra, unha realidade pavorosa: están no mundo, e o mundo somete mulleres.

Sobre o xornalismo, coma sobre o mundo da cultura e as artes, depositamos unha expectativa de sensibilidade, lóxica e vangarda que os fai parecer terreos inmunes á violencia. Deses espazos adoitamos agardar o contrario: que se erixan en voceiros e vixías, e sexan voz de conciencia que protexa as demais. Mais a xerra de auga fría vén, xustamente, nesta liña: o traballo de Xornalistas Galegas indica a necesidade da aplicación de protocolos de redacción que non suavicen ou mesmo xustifiquen a violencia contra as mulleres; que a perspectiva de xénero non aplique só ás profesionais por sentírense implicadas. Ese é o espazo onde o xornalismo si pode diferir do mundo, porque pode mudalo.

QOSHE - Xornalistas e violencia - Inma López Silva
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Xornalistas e violencia

2 0
26.11.2023

Por mor do 25N, leo sobre a iniciativa que puxo en marcha a Asociación Xornalistas Galegas. Baixo o cancelo #25Ncóntao, preguntaron a máis dun cento de comunicadoras polas súas experiencias de agresións machistas. Os datos non deixan de estarrecer malia non sorprenderen, pois demostran que, antes que xornalistas ou presentadoras, son simples mulleres, ou sexa, seres agredíbeis, simples estorbos. Oito de cada dez xornalistas sufriron........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play