Aínda que é difícil predicir que fitos científicos nos traerá 2024, a revista Nature atrévese a facer algunhas proxeccións. Obviamente, as liñas de investigación en intelixencia artificial terán protagonismo: OpenAI ten previsto sacar a nova xeración do seu famoso ChatGPT e espéranse novas do seu competidor, Gemini, creado por Google. Google sacará tamén a nova versión de AlphaFold: esta intelixencia artificial para modelar proteínas xa causara un auténtico bombazo no último trienio (ao descifrar a estrutura de todas as existentes), pero agora podería modelar as interaccións entre proteínas e outras moléculas.

En 2024 tamén se empezarán a producir mosquitos programados para evitar que transmitan virus patoxénicos, coma dengue ou zika. Podería haber resultados nas vacinas de terceira xeración contra a covid.19. No eido espacial, en novembro lanzarase o Artemis II, xa con catro astronautas que sobrevoarían a Lúa (o de pisala queda para máis adiante).

Espéranse resultados dunha investigación que intenta descifrar as bases da conciencia humana. Outros dun experimento que podería detectar as primeiras partículas de materia escura. Poñeranse en marcha dous poderosos observatorios astronómicos no deserto de Atacama (Chile). Activarase o primeiro supercomputador europeo que traballa na exascala (1 trillón de operacións por segundo) e dous máis nos EE.UU.; modelarán o cerebro, o corazón e o clima da Terra.

Falando do clima, se todo fose ben, en 2024 debería haber decisións internacionais que o protexan, ás que se sumarían outras sobre control de plásticos. Amén.

QOSHE - A posible ciencia del 2024 - Jorge Mira
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A posible ciencia del 2024

6 0
07.01.2024

Aínda que é difícil predicir que fitos científicos nos traerá 2024, a revista Nature atrévese a facer algunhas proxeccións. Obviamente, as liñas de investigación en intelixencia artificial terán protagonismo: OpenAI ten previsto sacar a nova xeración do seu famoso ChatGPT e espéranse novas do seu competidor, Gemini, creado por Google. Google sacará tamén a nova versión de AlphaFold: esta........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play