Casa. É unha das primeiras palabras que a cativada aprende a ler. Unha combinación de letras sinxela, intuitiva, de significado coñecido para calquera. Casa é referencia, refuxio, case ADN.

Cambiar de casa pode ser emocionante se responde a un desexo, mais tamén pode ser un trauma se os motivos que nos moven ao traslado non son desexados. Hai quen foxe pola guerra, por maltrato, por fame, por traballo, por unha evacuación, porque a familia que habitaba esa casa deixa de ser familia...

É difícil deixar atrás a casa, coma se, en lugar de habitar nós nela, fose o fogar quen se instalase no noso interior e marchar del equivalese a arrincalo de dentro.

Jorge e Pura non son maiores, pero o corpo e a cabeza non lles responden coa precisión de antes. O matrimonio foi dar a unha residencia a uns 30 quilómetros da súa casa. Cada mañá saían pasear e regresaban á hora do xantar. Pero, un día, ningún dos dous regresou. A onde poderían ir?

A onde quererían ir vostedes, senón á casa?

Incluso cando un está enfermo e necesita axuda hospitalaria, a onde desexa regresar coa maior brevidade posible? Á casa, moito máis ca unhas paredes e un teito.

Efectivamente, alí foi onde os atoparon. Na casa, lugar de referencia, refuxio, parte do seu ADN. Estaban sós, quizais pasaran frío, fame..., mais todo iso é secundario se un se sente seguro. Porque estaban na casa, na súa casa. Na casa.

Que duro ten que ser verse desterrado do fogar, ou, máis aínda, non chegar a posuír ese concepto denominado casa.

QOSHE - A casa - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A casa

6 1
01.02.2024

Casa. É unha das primeiras palabras que a cativada aprende a ler. Unha combinación de letras sinxela, intuitiva, de significado coñecido para calquera. Casa é referencia, refuxio, case ADN.

Cambiar de casa pode ser emocionante se responde a un desexo, mais tamén pode ser un trauma se os motivos que nos moven ao traslado non son desexados. Hai quen foxe pola guerra, por........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play