Cando os medios de comunicación se fixeron eco de que, no Congreso, a presidenta da Comunidade de Madrid chamara «hijo de puta» ao presidente do Goberno, a señora Ayuso foi ben áxil en negar a maior aducindo que ela dixera «me gusta la fruta».

Aí debera quedar o asunto. Mais, obviamente, todos sabiamos cal fora a mensaxe real. Así que, como non podía ser doutro xeito, o PSOE agarrouse a ela. Certamente, o comezo xa foi pésimo, pois un insulto dese calibre non é digno destas altas esferas políticas. Pero, lonxe de facer uso da elegancia e discreción, ou incluso tratar de silenciar o tema sen sequera desculparse, sacan peito da ofensa.

Na cea de Nadal que o PP celebrou hai uns días, Ayuso, Feijoo e compañía, dedicáronse a agasallar cestas de froita a algúns afiliados, un xesto no que eu interpreto que, lonxe de retractarse do insulto, se dedican a espallalo e animar a outros dirixentes do partido a sumarse a el.

Os máximos representantes alentando o seu galiñeiro, coa promoción de aldraxar ao contrincante que, ademais, é o presidente do Goberno. Como bo galego, señor Feijoo, podería facer uso da retranca. Pero isto non se lle asemella nada a ela. Tampouco é unha risa. Xa se converteu nunha auténtica vergoña.

Con esta actitude, o único que conseguen é evidenciarse a si mesmos, pois lonxe de ser intelixentes, manifestan que carecen doutros recursos para facer fronte a quen nos goberna. Formulen argumentos, non ofensas. Agardamos moitísimo máis dos nosos representantes.

Que baixeza!

QOSHE - A cesta da froita - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A cesta da froita

3 1
28.12.2023

Cando os medios de comunicación se fixeron eco de que, no Congreso, a presidenta da Comunidade de Madrid chamara «hijo de puta» ao presidente do Goberno, a señora Ayuso foi ben áxil en negar a maior aducindo que ela dixera «me gusta la fruta».

Aí debera quedar o asunto. Mais, obviamente, todos sabiamos cal fora a mensaxe real. Así que, como non podía ser doutro xeito, o........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play