Lembro perfectamente cando lle expliquei a miña irmá, máis nova ca min, como era a Terra, como viviamos. O concepto da esfera era difícil de entender para unha cativa. Como non había tantos recursos coma hoxe, collín unha laranxa e entre as dúas fomos artellando o símil do planeta azul, a primeira foto do mundo que fixemos. Quizais fose a miña primeira explicación científica. Cando menos, unha das máis significativas, pois décadas despois continúa presente na miña memoria.

Hoxe, se nos piden unha foto do mundo, seguramente acudiriamos ás imaxes dos xornais. Na maior parte das portadas, hoxe atopamos un ex-ministro que non quere ser ex-deputado, que comparece para xustificarse mentres se revolve como peixe fóra da auga porque sabe que a inmensa maioría da sociedade está pensando: outro máis. O prófugo máis famoso agora vai ser investigado por terrorismo. Levamos días con dúbidas sobre a saúde do actual presidente dos Estados Unidos, mentres o maior dos seus rivais ten dificultades no proceso das primarias polo seu papel no asalto ao Capitolio.

Non nos recuperamos da desgraza do incendio de Valencia e hai que volver a chorar mortes, ben sexa entre bandas, ben sexa a mans da familia. Hai agresións tamén aos representantes políticos no país veciño, neste caso por parte de activistas climáticos.

Por se fose pouco, Putin estende a súa ameaza a todo o mundo no caso de que alguén se atreva a levarlle a contraria.

Está quedando unha foto desastrosa, preocupante e moi perigosa.

QOSHE - A foto do mundo - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A foto do mundo

4 1
05.03.2024

Lembro perfectamente cando lle expliquei a miña irmá, máis nova ca min, como era a Terra, como viviamos. O concepto da esfera era difícil de entender para unha cativa. Como non había tantos recursos coma hoxe, collín unha laranxa e entre as dúas fomos artellando o símil do planeta azul, a primeira foto do mundo que fixemos. Quizais fose a miña primeira explicación........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play