O mércores foi o Día da Lingua Materna. A celebración ten por obxectivo promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural, unha loa ao plurilingüísmo.

Ese día, eu estaba nun colexio falando coa rapazada de libros. Un alumno dos máis pequenos ergueu unha man e preguntoume como era posible que me entendese se eu falaba galego e el non.

Foi como unha puñada no corazón.

Nos últimos días deuse nas redes certo debate (máis ben son pelexas) sobre o estado de saúde da nosa lingua. Por unha banda hai iniciativas que o enxalzan, rapazada estranxeira que ve na aprendizaxe do idioma unha oportunidade para integrarse con maior facilidade e éxito. Por outro lado, non podemos esquecer os casos como os que comento: rapazada galega, criada na nosa terra, completamente allea á lingua propia. Asemellan o galego ao inglés. Non, non me chamen esaxerada, teño moitas anécdotas ao respecto.

Cal é a razón do desapego? Pois que a súa lingua materna non é o galego, xa é o castelán. Daquela, a devandita data de celebración non nos favorece moito, pero segue dando para reflexionar. Se realmente queremos coidar da lingua hai que usala. Onde? En calquera ámbito e situación. Pero, máis ca nada, usémola na casa. Porque o da casa é o que se sente como propio, o natural.

Estudei inglés na escola e nunca o falei nun ámbito que non fose o académico ou por necesidade imperiosa. Non podemos relegar o galego só ao ámbito escolar. Así non o facemos noso. Como galegos, tamén temos responsabilidades.

QOSHE - A lingua materna - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A lingua materna

5 22
24.02.2024

O mércores foi o Día da Lingua Materna. A celebración ten por obxectivo promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural, unha loa ao plurilingüísmo.

Ese día, eu estaba nun colexio falando coa rapazada de libros. Un alumno dos máis pequenos ergueu unha man e preguntoume como era posible que me entendese se eu falaba galego e el non.

Foi........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play