Hai moitos anos, cando estudaba EXB, fixeramos uns traballos, por grupo, sobre a animación á lectura, que logo presentamos a un concurso. O noso promulgaba o lema de: «Ven ao saber da vitamina L».

A devandita vitamina era a que nos proporcionaba a lectura. Derámoslle algunha volta á frase, pois todos coincidiamos en que o verbo ler e o imperativo se levan mal. «Ven» é máis animoso ca imperioso. Proba!

Lonxe de impoñer a lectura aos compañeiros, queriamos que gozasen como o faciamos nós, por iso xurdiron moitísimas ideas sobre que poñer naquel traballo. O difícil foi desbotar algunha e quedar só con outras. Estabamos emocionados. Tiñamos a necesidade de «poñelo bonito», atraente, porque queriamos que se nos escoitase.

É curioso que lembre estas cousas, unha anécdota moi sinxela que ben podería quedar esluía en toda a etapa educativa. Mais non foi así, e isto ten un motivo.

Nós criamos nese traballo, no que diciamos nel. Estabamos totalmente convencidos de que a lectura nos achegaba moitos beneficios, alén de pasalo ben entre libros. A hora de ler, unha novidade naquel entón, era unha festa. Non só liamos. Ao rematar o libro había que facer unha valoración del. Presentalo aos compañeiros. Falar. Expresarnos. Amosar a nosa visión crítica.

Que bo sería incrementar a lectura. De diversa natureza, distintas fontes, variados puntos de vista. Aumentaría a capacidade de comprensión e a tolerancia. E si, tamén faría mellorar as matemáticas, que tanto preocupan. E todo cunha soa vitamina.

QOSHE - A vitamina L - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

A vitamina L

4 1
15.02.2024

Hai moitos anos, cando estudaba EXB, fixeramos uns traballos, por grupo, sobre a animación á lectura, que logo presentamos a un concurso. O noso promulgaba o lema de: «Ven ao saber da vitamina L».

A devandita vitamina era a que nos proporcionaba a lectura. Derámoslle algunha volta á frase, pois todos coincidiamos en que o verbo ler e o imperativo se levan mal. «Ven» é........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play