Eran novos e buscaban activar a adrenalina. Así que o venres de noite ocorréuselles facer unha carreira cos coches nun polígono industrial. Dos tres amigos, só sobreviviu un, que está na uci.

Todos fomos novos. E sempre se fixeron falcatruadas ou promoveron actitudes que rozaban o límite da reprobación. Pero algo se truncou cando se pon en perigo a vida con tanta lixeireza. Actitudes como esta xa distan moito de ser contadas excepcións. Non me explico como se pode ter tan pouco aprecio á propia existencia.

E, se a un non lle preocupa moito matarse, como esperamos que coiden do de enfronte? Estamos collendo un rumbo bastante perigoso. Antes segregábasenos a devandita hormona cando chegaban os días próximos a finalizar o contrato laboral, ou ao plantarnos diante do taboleiro onde se expoñían as notas dos exames, e ultimamente mirar o prezo da luz logo de que xa puxeramos a lavadora a funcionar. Pero isto de facer carreiras ilegais a todo o que dea o coche, subirnos a un precipicio para sacar a foto máis perigosa das redes sociais, ou plantarnos diante dun animal salvaxe e provocalo é algo que me supera. Tenme totalmente pasmada. Porque non sei que é o que hai dentro desas cabezas que xestionan semellantes estupideces. E o peor xa non é que lles saia mal o desafío, é esgazar as familias. Porque a dor é unha fera que vai minando todo ao redor. Asumir riscos non é nada malo, por suposto, pero evitando exceder a cordura.

QOSHE - Adrenalina - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Adrenalina

2 0
18.01.2024

Eran novos e buscaban activar a adrenalina. Así que o venres de noite ocorréuselles facer unha carreira cos coches nun polígono industrial. Dos tres amigos, só sobreviviu un, que está na uci.

Todos fomos novos. E sempre se fixeron falcatruadas ou promoveron actitudes que rozaban o límite da reprobación. Pero algo se truncou cando se pon en perigo a........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play