Que mal está iso de usar as redes do Goberno para o autobombo literario. Fatal. Pero é igual de desprezable agora, que o fai o presidente do Goberno, que cando en lexislaturas anteriores se fixo para algún ministro de Exteriores. Ata niso cometen os mesmos erros.

Ademais, neste caso resulta totalmente innecesario. Nin Pedro Sánchez é escritor profesional, nin lle vai o pan da súa familia nas vendas do libro. Son moi pouco amiga de saturar as redes sociais. Menos aínda co autobombo. Quizais, se o fixese as miñas vendas literarias serían un pouco mellores, non o sei, pero iso de intentar convencer aos demais do bos que son os textos que eu fago non é o meu.

Eu son escritora, non publicista. Prefiro dedicarme a aquilo que me corresponde, que é escribir. E, aínda así, non vexan o que me queda por aprender aínda! En defensa do presidente do Goberno ou daquel ministro, direi que facerse un oco nisto da literatura pode non ser sinxelo. Eu levo moitos anos, varias decenas de libros publicados e, con todo, necesito un traballo que me ampare economicamente. Vivir do conto a min non me resulta sinxelo. Pero que se usen as redes de Moncloa para a publicidade... paréceme unha competencia desleal.

Así que pídolles que neste Nadal agasallen libros. E, para non deixarnos influír polo poder das redes, vaian á libraría e elixan. Toquen, miren, abran páxinas, lean un anaco, pregunten ao libreiro... Ulan os libros! E elixan. Libremente. Democraticamente. E consuman cultura. Non se van arrepentir.

QOSHE - Autobombo literario - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Autobombo literario

4 1
15.12.2023

Que mal está iso de usar as redes do Goberno para o autobombo literario. Fatal. Pero é igual de desprezable agora, que o fai o presidente do Goberno, que cando en lexislaturas anteriores se fixo para algún ministro de Exteriores. Ata niso cometen os mesmos erros.

Ademais, neste caso resulta totalmente innecesario. Nin Pedro Sánchez é escritor profesional, nin lle........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play