Desde hai un tempo, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven unha votación para elixir a palabra do ano. A desde 2023 acaba de proclamarse e non faltaron voces que criticasen a súa elección.

A reacción lembroume ao Chikilicuatre en Eurovisión. Era 2008. A guitarra que subía ao escenario era de xoguete e el non era nin cantante, senón actor. Como chegou a representar a España no festival da canción? Simplificando o sistema, tratábase dunha votación por internet. O poder das redes e os medios de comunicación fixeron o resto.

Calquera cousa pode pasar cando non se establecen criterios obxectivos. Tanto ten unha canción, o termo do ano ou outro recoñecemento. E aquí poderiamos destacar moitos casos: culturais, deportivos, artísticos... Dá para falar.

No caso da palabra, votou quen quixo votar, quen soubo do proceso, quen tivo algún interese (variado) en que unha das propostas saíse á palestra ou... o que fose. A cuestión non estaba en determinar as palabras máis utilizadas, porque non se mediu, nin as máis relevantes para o groso da sociedade, nin ningún fito especial. Saíu esa porque lle cadrou, porque a campaña en redes foi máis secundada, porque facía graza ou... a saber. Tampouco lle daría máis relevancia, sendo como son os procedementos.

Certo é que me gustaría que a palabra do ano fose unha de noso, bonita, que as temos. Como fervenza, solpor ou irmandade. Se me apuran, ata conciliación, por invocala.

Mais somos como somos e agora represéntanos un cibercarracho.

QOSHE - Cibercarracho e Chikilicuatre - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Cibercarracho e Chikilicuatre

3 0
30.12.2023

Desde hai un tempo, a Real Academia Galega e a Fundación Barrié promoven unha votación para elixir a palabra do ano. A desde 2023 acaba de proclamarse e non faltaron voces que criticasen a súa elección.

A reacción lembroume ao Chikilicuatre en Eurovisión. Era 2008. A guitarra que subía ao escenario era de xoguete e el non era nin cantante, senón actor. Como chegou........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play