Nin desapareceu o covid, nin cesan as consecuencias da pandemia. Temo que non aprenderamos o suficiente, pois ás veces continuamos sendo igual de irresponsables e de descoidados. E xa non falo de coidar da familia e amigos, que todo o que prometemos quedou en nada, senón tamén de coidarnos a nós mesmos. Seguimos vivindo ás carreiras. E que dicir do sistema sanitario público? Hai moito que debullar aí.

Seguimos a ser uns egoístas, e cadaquén coida do seu embigo sen decatarse que, ao ir mirando para el, podemos pisar aos que van aos lados.

Por se fose pouco, quen pode beneficiarse disto, faino. Cantas tramas de venda de máscaras sanitarias quedan por descubrir? E agora Audasa pide unha indemnización porque, ao limitarse a circulación de vehículos, saíron prexudicados.

Hai pouco queixábame eu do estado da A-6. Hai uns días fun a Lugo desde a Coruña... e os coches zigzaguean para evitar as fochancas. Non vaian pensar que a AP-9 é de ouro, eh. Puideron aproveitar a pandemia, sen circulación, para mellorar o estado do firme. Pero non se lles ocorreu. Vaia!

Quizais a queixa de Audasa me beneficie. Como traballadora do sector cultural... que pasou con nós na pandemia? Dedicámonos a facer máis lixeiros os días. Colgando fotos, vídeos... contando historias, dando concertos... Polas redes. De balde. Porque non se podía traballar. Pero si agasallar sorrisos. Por un momento soñamos que a arte, a cultura, ía recuperar valor. Económico está claro que non. Moral... parece que tampouco.

Quen nos indemniza?

QOSHE - Consecuencias do covid - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Consecuencias do covid

7 3
20.04.2024

Nin desapareceu o covid, nin cesan as consecuencias da pandemia. Temo que non aprenderamos o suficiente, pois ás veces continuamos sendo igual de irresponsables e de descoidados. E xa non falo de coidar da familia e amigos, que todo o que prometemos quedou en nada, senón tamén de coidarnos a nós mesmos. Seguimos vivindo ás carreiras. E que dicir do sistema sanitario público?........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play