Temos Goberno a estrear e, como tal, aparece cargado de boas palabras e intencións. Queda lexislatura por diante para saber que quedará en fume de todo iso, pero como nalgunhas cidades xa se prendeu a iluminación de Nadal, enchémonos do espírito dos bos desexos e...

Non, non creo que esteamos xa en disposición de confiar, pero aproveitando esa suposta boa disposición, vou facer a miña petición persoal: conserven a A-6. É unha das vías máis importantes do Estado, non só para chegar a Galicia e Asturias, senón tamén para comunicármonos co norte de Portugal. Un piar nas comunicacións, cunha grande importancia económica. Viaxar de Galicia a Madrid pola autovía do Noroeste é perigoso. En máis da metade do traxecto, o firme está nun estado deplorable. Moitos condutores, de feito, circulan polo carril esquerdo, o reservado para adiantar, porque o desgaste é moito menor e séntense máis seguros.

Teño comentado xa a necesidade de mantemento das construcións civís. Son imprescindibles. Nos últimos anos aconteceron accidentes graves por mor dun mal seguimento e atención do Estado de distintas estruturas.

As obras de conservación e mantemento non son as máis vistosas, seguramente ninguén lembrará un goberno (local ou doutra índole) por mellorar unha estrada. Ou si! Lembren os famosos «fochancos» dalgunha cidade galega. Pero é que ningún goberno debera buscar os artificios, senón coidar da cidadanía. E iso si se fai conservando a A-6. Que boa oportunidade para demostrar o que lles importa.

QOSHE - Conservemos a A-6 - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Conservemos a A-6

3 1
27.11.2023

Temos Goberno a estrear e, como tal, aparece cargado de boas palabras e intencións. Queda lexislatura por diante para saber que quedará en fume de todo iso, pero como nalgunhas cidades xa se prendeu a iluminación de Nadal, enchémonos do espírito dos bos desexos e...

Non, non creo que esteamos xa en disposición de confiar, pero aproveitando esa suposta boa disposición, vou facer........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play