Novembro é laranxa e violeta, como mandan as últimas liñas que se pintan no horizonte. É tempo de recollemento, no que as horas se enchen de frío e humidade. Ole a castañas, a caldo, a leña queimada, a chuvia. Tempo de casa. O mes comeza optimista, como rexurdimento do que deixa atrás, pois outubro é o único mes do ano que remata irremediablemente na morte. O derradeiro día é Defuntos, que marcha deixando aroma a flores.

Somos herdeiros da emigración, sabemos da importancia de preparar as viaxes, de familiarizarnos coas fronteiras, límites tan etéreos coma os que establece a porta do alén. Por iso nos mantemos férreos á tradición, aquela que nos leva a visitar o cemiterio, limpar as lápidas, preparar flores, prender candeas e acompañar aos nosos defuntos. Créase unha comunidade de acompañamento. A xente (as mulleres) trasfegan entre nichos e besbellos. Non se ergue a voz, fálase case en murmurios. Moitas veces chove. O cemiterio ten o solo de terra. Vestimos botas de goma, quizais dous pares de calcetín. Non importa. Estamos, para volver reunir o pobo ao completo, os que están e os que lembramos.

Se a esmigallásemos, a tradición daría un pouco de arrepío, mais non polas cabazas do Samaín. Veneramos aos mortos, falámoslles, poñémolos ao día. Pero a celebración, vivida en comunidade, realmente é auténtica. Trátase de lembrar aqueles que faltan e saber que están ao outro lado da lápida. Non podemos dicirlles ola porque xa lles dixemos adeus. Aínda que nunca o fagamos de todo.

QOSHE - Defuntos - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Defuntos

2 3
27.10.2023

Novembro é laranxa e violeta, como mandan as últimas liñas que se pintan no horizonte. É tempo de recollemento, no que as horas se enchen de frío e humidade. Ole a castañas, a caldo, a leña queimada, a chuvia. Tempo de casa. O mes comeza optimista, como rexurdimento do que deixa atrás, pois outubro é o único mes do ano que remata irremediablemente na morte. O........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play