Atopouse un corpo nunha maleta. Descoñecíase a identidade da vítima. A pesar dos poucos datos, axiña se iniciaron as investigacións. Había sospeitas desde un tempo atrás. Desaparecera unha inquilina dunha pensión había un tempo. Compartía cuarto con outro hóspede, así que este estaba baixo sospeita desde había semanas.

A pericia dos investigadores estaba alentada porque o home xa fora encarcerado un par de veces por cometer asasinato dúas ocasións máis. As vítimas eran mulleres próximas a el. A súa propia avoa e tamén unha amiga. En ningún dos casos tivo a mínima piedade. Cumpriu condena e... volveu á liberdade. Polo que se ve, tamén á caza de vítimas. Cometeu dous crimes polos que foi xulgado. Cumpriu a súa condena. Dezasete anos esta última vez. Non parece pouco. En teoría, fíxose todo o posible. Pero aos poucos meses de saír á rúa, volve a asasinar. Regresa ao cárcere con actitude arrogante.

Algo falla. Non son investigadora experta nin psicóloga, así que non sei se tres asasinatos o converten en asasino en serie. Pero o que está claro é que reincidente si é. Entón a pregunta ineludible é: podería terse evitado? O sistema non é infalible, é unha evidencia. O caso chama máis a atención por tratarse dunha persoa que non só foi encerrada, tamén alguén a quen se tratou nun centro psiquiátrico. Non foi posible detectar que consistía un perigo extremo? É inevitable non sentirnos desamparados e desconfiados. Deter a maldade semella excesivamente complexo.

QOSHE - Eivas no sistema - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Eivas no sistema

1 1
07.03.2024

Atopouse un corpo nunha maleta. Descoñecíase a identidade da vítima. A pesar dos poucos datos, axiña se iniciaron as investigacións. Había sospeitas desde un tempo atrás. Desaparecera unha inquilina dunha pensión había un tempo. Compartía cuarto con outro hóspede, así que este estaba baixo sospeita desde había semanas.

A pericia dos investigadores estaba alentada........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play