Desvirtuamos todo, ata o Entroido. Antes os disfraces eran choqueiros: ir collendo pola casa calquera farrapo e botalo ao lombo. Tisne na cara, se cadraba, e... á rúa.

Non digo que non se vaian adaptando as tradicións aos tempos, pero que aparezan ducias de disfraces iguais pola rúa, coas costuras mal dadas, os botóns colgando... e o escaparate de canta tenda oriental hai repartida pola bisbarra... quítalle un pouco de maxia.

Nas escolas fan un pequeno esforzo por recuperar o meco, o boneco que se queimaba ao final do Entroido, como remate de foliada.

O devandito trasno fai mandados ao longo dos días do entroido, pintándolle á cara aos máis pequenos, facéndoos desfilar cun calcetín de cada cor, cun pucho na cabeza... Pero ata iso se modificou. Se o meco manda levar un mandil, as nais (porque seguimos encargándonos as nais masivamente da crianza en xeral) toleamos por atopar o máis fermoso, o máis vistoso, o máis orixinal. Que o noso cativo vaia perfecto.

Non, o Entroido é todo o contrario. E si, gústanme os concursos de disfraces, as comparsas, a preparación das coplas... Pero era máis bonito cando nos xuntabamos en grupo a coser, pegar, deseñar, idear. Era tempo de xuntanza, de compartir. Esa era a verdadeira festa, o preparar a traca final.

Perdemos un pouco a virtude da medida. Iso si, a un cocido dos de verdade, a unhas filloas das de toda a vida... non lle dicimos que non. Porque unhas rosquillas de plástico non serían o mesmo, verdade? Pois recuperemos o entroido choqueiro.

QOSHE - Entroido choqueiro - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Entroido choqueiro

2 5
17.02.2024

Desvirtuamos todo, ata o Entroido. Antes os disfraces eran choqueiros: ir collendo pola casa calquera farrapo e botalo ao lombo. Tisne na cara, se cadraba, e... á rúa.

Non digo que non se vaian adaptando as tradicións aos tempos, pero que aparezan ducias de disfraces iguais pola rúa, coas costuras mal dadas, os botóns colgando... e o escaparate de canta tenda........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play