Meus pais foron docentes, desa xeración intermedia entre a institución que conformaba o mestre xunto co médico e o xuíz e a máis actual, co seu labor sempre no punto de mira dos pais de fillos intocables. Na mesura, disque, está a virtude.

Pensei na súa traxectoria profesional logo de ler varios artigos nos que se pon de manifesto o habitual acompañamento dos pais nas tarefas escolares, o que non é sinónimo de implicarse máis no proceso. Cantos van a titorías a preguntar como son os seus fillos na aula? A conclusión tan só di que os pais facemos os deberes e os traballos aos cativos. Non é esaxeración, viron as manualidades que levan á escola? Hai verdadeiras obras de arte. Se iso o fan os cativos, temos moito que celebrar, serán unha xeración de xenios. Oxalá, pero tan só somos pais competindo en absoluta rivalidade, construíndo ao tolo maquetas, proxectos, máquinas e ata robots.

Axudo ás miñas fillas? Claro! Pero ao seu nivel. Eu só axudo, xa o di a palabra, elas levan a voz principal. Tamén resolvo as dúbidas, pero non me dedico a mastigarlles o tema sen que elas se esforcen antes. Criar ás miñas nenas é o que máis dúbidas e medos me dá deste mundo. Non son unha experta, pero tería uns nove anos cando lle pedín a miña nai, como outras veces, que me tomase a lección. Saben que me dixo? Que vale, pero que fose aprendendo a estudar soa. Non vou negar que me entristeceu, pero axiña o agradecín. Meus pais tamén me aprenderon que os profesores non me ían aprobar ou suspender, que iso corría da miña conta.

Non é mal comezo o de facer comprender ao alumnado que ten a súa responsabilidade no proceso. Educar tamén deixar que cometan erros e saquen ensinanza deles.

QOSHE - Estudar polos fillos - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Estudar polos fillos

4 20
08.11.2023

Meus pais foron docentes, desa xeración intermedia entre a institución que conformaba o mestre xunto co médico e o xuíz e a máis actual, co seu labor sempre no punto de mira dos pais de fillos intocables. Na mesura, disque, está a virtude.

Pensei na súa traxectoria profesional logo de ler varios artigos nos que se pon de manifesto o habitual acompañamento dos pais nas tarefas escolares, o que non é sinónimo de........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play