Leo con total perplexidade un titular deste mesmo xornal. Nel asegúrase que case a metade dos homes cren que nos excedemos niso da igualdade, como se fose unha causa menor ou unha brincadeira. É un bo índice para decatarnos de que, por unha parte, non se toma a cuestión en serio e, por outra, aínda queda moito camiño por facer, fundamentalmente na concienciación e educación. Como podemos falar de sobre-igualdade? O que busca a igualdade é precisamente un equilibrio, o reparto ecuánime de oportunidades, obrigas, deberes e roles.

Un dos obxectivos das Nacións Unidas é a igualdade de xénero como dereito humano fundamental. Indican que, ademais, é un dos fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible.

Fixéronse avances, por suposto. Comezamos a ocupar postos de relevancia, reducíronse os matrimonios por conveniencia, introducímonos en novos campos laborais, xa hai anos que votamos!, e facémonos ver e oír.

E isto último, quizais, sexa o que menos gusta. Non facemos ruído, non, alzamos a voz, que é diferente. E o que temos que dicir, ás veces molesta, porque elimina privilexios á parte contraria. Ai! Aí está o problema! A perda de prebendas.

Quedan moitos logros por acadar. Grandes e pequenos. Vistosos e humildes, como o reparto de tarefas, as horas no parque acompañando os fillos, as citas médicas, as horas de compras, os coidados.

Imaxinan volver á escravitude, con razas superiores e inferiores? Moito hai que educar se a igualdade presenta un problema.

QOSHE - Excesiva igualdade - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Excesiva igualdade

3 0
20.01.2024

Leo con total perplexidade un titular deste mesmo xornal. Nel asegúrase que case a metade dos homes cren que nos excedemos niso da igualdade, como se fose unha causa menor ou unha brincadeira. É un bo índice para decatarnos de que, por unha parte, non se toma a cuestión en serio e, por outra, aínda queda moito camiño por facer, fundamentalmente na concienciación e educación.........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play