Logo das doce badaladas todo é balbordo. Comeza o ano con brindes, voces altas, bos desexos e música. Mais, ao cabo dunhas horas, o silencio cóase entre as rúas. As cidades ou vilas non teñen un día de maior sosego, de sensación de soidade, de despoboamento.

As casas dormen na súa maioría, respiran amodo. Son poucos os camiñantes. Este 1 de xaneiro non chove pero hai néboa lixeira. Podo escoitar os propios pasos sobre o empedrado. Semella que o día esperta cunha calma estraña, similar ao acougo inquietante logo dunha guerra, ás brasas reducidas a cinzas logo dunha larada. No fondo, somos conscientes da necesidade dunha reflexión. Mágoa que vaia durar pouco. Pasado un día, a rutina ha envolver de novo as vidas, enredándonos nunha espiral complexa. Habemos saltar de novo á discordia con rapidez.

Gústame mirar o primeiro horizonte de xaneiro, confiar en que se manterá claro e limpo. As nubes debuxan camiños brillantes, adobiadas cos radios de sol do inverno. Respirar o frío e o sosego, así como confiar nos bos desexos e intencións. Resgardarme logo na casa e observar como se van prendendo as luces dentro das vivendas, imaxinar as conversas a media voz.

É bo manter o espírito da esperanza aceso. Pensar que, se cadra, este ano si pode ser distinto, individual e colectivamente. Por que non? Se fomos quen de virar o rumbo a babor, por que non había poder cambiarse a estribor?

Escorrerse entre as sabas a primeira noite do ano con esa idea dirixe os bos soños. Así que... Feliz Aninovo!

QOSHE - Feliz Aninovo - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Feliz Aninovo

4 1
05.01.2024

Logo das doce badaladas todo é balbordo. Comeza o ano con brindes, voces altas, bos desexos e música. Mais, ao cabo dunhas horas, o silencio cóase entre as rúas. As cidades ou vilas non teñen un día de maior sosego, de sensación de soidade, de despoboamento.

As casas dormen na súa maioría, respiran amodo. Son poucos os camiñantes. Este 1 de xaneiro non chove pero hai........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play