«I'll Be There For You». Así rezaba o título da canción da serie Friends, que comezaba a emitirse a mediados dos anos noventa. Tal foi o éxito dese grupo de amigos dispares e opostos que as súas vivencias acompañaron a audiencia durante unha década completa.

Os personaxes, histriónicos ás máis das veces, absurdos e reais, fixéronse un oco nos corazóns de varias xeracións. Non só a serie foi un éxito, tamén o logo do título, o marco dourado sobre a mira da porta, ou a canción coa que se presentaba cada capítulo. Sempre estarei aí para ti. Porque iso son os amigos, e diso trataba a serie, do leal e fraterno que leva intrínseco unha amizade.

A última frase da serie dicíaa Chandler. Unha última brincadeira, un último sorriso para todos aqueles que estaban tristísimos co final das aventuras dos seis amigos. Ese foi o seu cometido, arrincar un sorriso máis antes do final.

Matthew Perry era o actor que daba vida a Chandler. Morreu esta fin de semana. A súa vida foi de éxito ao ceo de repetidas baixadas ao inferno. Nas súas memorias dicía que, de falecer, a súa morte impactaría a moitos pero non sorprendería a ninguén. Iso dáballe medo. Normal. Daríanolo a calquera.

Se tanto nos impacta a súa perda é porque, dalgún xeito, foi importante para nós. Con todo, a segunda parte da súa afirmación indica que el era ben consciente da diferenza entre o personaxe e a persoa. Pero a un friend coma el nunca debera pasarlle iso, porque sempre hai que estar aí para os amigos, como dicía a canción.

QOSHE - Friends - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Friends

5 3
01.11.2023

«I'll Be There For You». Así rezaba o título da canción da serie Friends, que comezaba a emitirse a mediados dos anos noventa. Tal foi o éxito dese grupo de amigos dispares e opostos que as súas vivencias acompañaron a audiencia durante unha década completa.

Os personaxes, histriónicos ás máis das veces, absurdos e reais, fixéronse un oco nos corazóns de varias........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play