Os invernos só tiñan un nome: inverno. Chovía, ventaba, caía sarabia, estragábanse os campos, asolagábanse as leiras, ardía algunha árbore atravesada por un raio ou chamuscábase un poste. Marchaba a luz e o teléfono de maneira habitual. Na casa tiñamos unha boa colección de candeas e unha caixa de mistos sempre a man. Eramos final de liña e quedar ás escuras tiña o seu encanto.

As botas, de pel ou goma, eran reforzadas contra o frío e a auga para evitar as catarreiras e as infeccións que entraban polos pés.

Non había case nada espectacular, era o agardado, o ciclo das estacións, relativamente ordenado. Tan só unha vez, cando eu era ben pequena, chegou un ciclón. Pechamos as ventás, as portas, amarramos froiteiras e agardamos a que o vento levase os tellados da vila. Anunciáronnos o Hortensia con intensidade porque era necesaria a precaución. Suspendéronse as aulas. E aínda así, fixo estragos irreparables.

Anos posteriores, lembrabamos o medo e, cando viña un vento tolo, a ameaza era esta ladaíña: «E non virá outro Hortensia»?

Van case corenta anos do ciclón tropical. Desde entón pasaron tantas borrascas, cicloxéneses explosivas, danas, ciclóns bomba e demais, cada cal co seu nome, que non as esquecemos. Son ata difíciles de situar no tempo, pois o cambio climático despista. Pode non chover no inverno e caer unha tromba imparable durante días no verán.

Vivo coa impresión da perda da memoria, coma se nos fose a vida en poñerlle nome as cousas en lugar de estar preocupados por vivilas.

QOSHE - Hortensia - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Hortensia

3 0
04.11.2023

Os invernos só tiñan un nome: inverno. Chovía, ventaba, caía sarabia, estragábanse os campos, asolagábanse as leiras, ardía algunha árbore atravesada por un raio ou chamuscábase un poste. Marchaba a luz e o teléfono de maneira habitual. Na casa tiñamos unha boa colección de candeas e unha caixa de mistos sempre a man. Eramos final de liña e quedar ás escuras tiña o seu........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play