Desde antigo, as illas foron escenario predilecto para as aventuras, a imaxinación, a literatura. Illas que poden ser remansos de paz ou lugares sórdidos dos que sería case imposible fuxir.

Adoitamos quedar con esa idea romantizada das illas que agochan cofres do tesouro ou galanos inmateriais, como solpores fermosos e sombra baixo os cocos. Ata hai illas en Galicia moi ben comunicadas que son lugares de culto, sinónimo de luxo.

O que está claro é que nunha illa un vive cercado, o espazo é limitado, para ben e para mal. Ás veces, a illa é última oportunidade, ese lugar onde un quixera arribar logo dunha travesía complicada, sen sequera necesidade de naufraxio.

Ás nosas illas tamén chegan inmigrantes, en condicións inimaxinables. Tan duras que, meses despois de convertérense en veciños, contan a súa historia con dor infinita. Un deles relata que, antes de conseguir chegar aquí, pagou a pasaxe de dous irmáns. Nelas deixou todos os seus aforros, mais os traficantes de almas estafáronos, perdendo así todos os cartos. Un deles decidiu non volver intentalo. O outro porfiou ata que se subiu a un cayuco, no que morrería de frío antes de tocar terra.

Logo, el mesmo desafiou a sorte. Coa morte no pensamento realizou a travesía desde Senegal ata El Hierro.

Como foi capaz de intentalo? Non dubida a razón: incluso nas fauces do mar e na illa magoada por tanto inmigrante hai indicios de futuro.

De onde parte, non.

Só pretenden aferrarse á vida, por máis que supoña mirar en fite á morte.

QOSHE - Illas para naufragar - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Illas para naufragar

4 9
22.02.2024

Desde antigo, as illas foron escenario predilecto para as aventuras, a imaxinación, a literatura. Illas que poden ser remansos de paz ou lugares sórdidos dos que sería case imposible fuxir.

Adoitamos quedar con esa idea romantizada das illas que agochan cofres do tesouro ou galanos inmateriais, como solpores fermosos e sombra baixo os cocos. Ata hai illas en Galicia moi ben........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play