Hai uns días asistín a unha presentación dun libro na antiga escola rural dunha aldea. Había rapazada de catro anos e mozas que superaban os noventa. Todos xuntos. O local era ben sinxelo, pero o ambiente non podía ser máis reconfortante. A presentación do libro deu pé á raíz do mesmo: os contos. Así que alí o que se fixo foi falar. E lembrar, por suposto. Algunhas cousas eu non as vivín, outras si. Foi bonito transitar eses momentos a través da memoria dos demais. E todos chegamos á conclusión de que non nos gustaría perder as raíces nin ese legado. Quizais non queiramos volver aos tempos de antes, pois hoxe gozamos con moitas máis comodidades, pero, por moitos teléfonos e dispositivos electrónicos que faciliten a comunicación, non hai como o compartir en persoa o tan comentado agasallo do tempo. E iso antes era un xeito de vida.

Escribo isto un día de decembro, lembrando como hai máis de 30 anos estoupou o Cason e me levantaron da cama para deixar a casa sen saber se podería volver a ela. Foi o máis semellante a unha guerra que vivín de preto. Fuxir na escuridade, coma se tiveramos algo que ocultar, pedindo asilo na casa duns amigos preto de Santiago. A información do que pasou aínda non está clarificada hoxe. Dubido que coas tecnoloxías actuais se mellorase a incógnita de entón, pero o que teño claro é que a solidariedade e a unión da veciñanza non hai intelixencia artificial que a supere. Coidemos da memoria e das pegadas que deixou.

QOSHE - Lembranzas e realidade - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Lembranzas e realidade

4 0
22.12.2023

Hai uns días asistín a unha presentación dun libro na antiga escola rural dunha aldea. Había rapazada de catro anos e mozas que superaban os noventa. Todos xuntos. O local era ben sinxelo, pero o ambiente non podía ser máis reconfortante. A presentación do libro deu pé á raíz do mesmo: os contos. Así que alí o que se fixo foi falar. E lembrar, por suposto. Algunhas........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play