A RAE acaba de dar a coñecer as novidades no seu dicionario. A tecnoloxía, a ciencia, o deporte... moitas veces avanzan diante da lingua. A razón é que no dicionario non se inclúen palabras novas ata que o seu uso está consolidado. É un bo método. Pero este requisito non debera manterse á inversa. Que se usen moitas veces certos vocábulos non debera ser condición suficiente para incorporalos ao noso vocabulario. Non vexo necesario incorporar crac como sinónimo de portento, artista ou virtuoso. Temos termos suficientes para definir o fenómeno. Sinto o mesmo con OK. Por que non dicir vale?

Comentaba hai pouco cun compañeiro o excesivamente estendido uso de bro entre a xente nova, abreviatura de brother. O peor de todo non é usar o préstamo tendo palabras de noso, senón perder o verdadeiro significado do mesmo. Bro espallouse nas fraternidades universitarias, pois os compoñentes das mesmas sentíanse moi unidos. Non me digan que non é moito máis fermoso dicir irmandade. Xabier Docampo adoitaba referirse co termo irmao aos seus seres máis queridos, algo que adoitaba acompañar dunha forte aperta. Tampouco vexo claro o imprescindible de incluír porsiacaso como substantivo. Realmente non deixa de ser unha previsión. Xa postos, igual podían aceptar a abreviatura porsiaca. Acabaremos por incluír paluego e cousas polo estilo. A lingua debe avanzar, mais a súa riqueza non só radica en sumar, senón facelo mantendo a singularidade e identidade. Ou... k pasa, bro?

QOSHE - Medra o diccionario - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Medra o diccionario

5 0
01.12.2023

A RAE acaba de dar a coñecer as novidades no seu dicionario. A tecnoloxía, a ciencia, o deporte... moitas veces avanzan diante da lingua. A razón é que no dicionario non se inclúen palabras novas ata que o seu uso está consolidado. É un bo método. Pero este requisito non debera manterse á inversa. Que se usen moitas veces certos vocábulos non debera ser condición........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play