Sucédense os días nos que ata as nosas costas chegan pequenas bólas brancas de polietileno. Unha marea de granulado branco que semella sarabia, mais non deixa de ser un manto de plástico procedente dun buque que perdeu parte da carga.

Non é a primeira vez que nos enfrontamos a vertidos contaminantes. A experiencia debera axudarnos no seu tratamento, aínda que sexan de distinta natureza. Por iso molesta tanto que a resposta por parte das autoridades se repita: pasar o balón de un a outro tellado, calar o maior tempo posible a existencia dun problema, a ver se pechando os ollos desaparece e... non tratar con respecto á sociedade.

Que o granulado nas costas non sexa tóxico non o exime de ser contaminante. E si, é lixo, nin máis nin menos. E a sucidade hai que limpala. Por iso agardabamos un plan estratéxico. Incluso pensando nos voluntarios que, de seguro, se animarían a recuperar o medio ambiente das praias. A política ten que servir para trazar estratexias de previsión dos problemas ou de resolución dos mesmos. E dotar dos medios necesarios.

Facer política non é subirse a un autobús coa desculpa do Nadal e así proclamar que «me gusta la fruta» e pechar a mensaxe cun «Feliz Navidad»”, en letras grandes e en castelán. E na realidade, coma no vídeo, mirar a costa desde lonxe e así non se ve nada. Tampouco é política preparar unha viaxe ata unha praia galega para vir cos petos baleiros, sen medidas, tan só por facer campaña.

Iso é pel-ítica, e non deberan confundirse nin mesturarse.

QOSHE - Pel-ítica - María Canosa
menu_open
Columnists Actual . Favourites . Archive
We use cookies to provide some features and experiences in QOSHE

More information  .  Close
Aa Aa Aa
- A +

Pel-ítica

3 0
11.01.2024

Sucédense os días nos que ata as nosas costas chegan pequenas bólas brancas de polietileno. Unha marea de granulado branco que semella sarabia, mais non deixa de ser un manto de plástico procedente dun buque que perdeu parte da carga.

Non é a primeira vez que nos enfrontamos a vertidos contaminantes. A experiencia debera axudarnos no seu tratamento, aínda que sexan........

© La Voz de Galicia


Get it on Google Play